|
 |
Servicio de Normalización Lingüística |
| |
|
O Concello de Narón dispón dun Servizo de Normalización Lingüística, indispensable no proceso de recuperación e dinamización da lingua galega. O obxectivo principal deste departamento pasa por incrementar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos do termo municipal.
Este departamento, á parte do seu labor interno, tamén lle presta o seu servizo a calquera persoa particular, empresa, asociación ou entidade que o demande, tanto de asesoramento lingüístico coma de tradución e corrección de textos. Entre as funcións que desenvolve atópanse as de dinamización, asesoramento e formación lingüística.
Este servizo foi creado a través dun convenio de colaboración coa Deputación da Coruña denominado “Programa de cooperación cos concellos da provincia da Coruña, para a creación ou mantemento dos servizos de normalización lingüística, anualidades 2009-2011”. Ademais, o Servizo de Normalización Lingüística tivo unha achega económica da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) mediante o convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a FEGAMP para a realización de actividades en materia de normalización lingüística nas entidades locais de Galicia durante o ano 2009.
Se tes algunha dúbida sobre o funcionamento deste servizo ou desexas obter información adicional podes poñerte en contacto co SNL a través deste mail: a.pita@naron.es; ou ben por teléfono nos seguintes números: 981 33 77 00 (extensión 1516)- 607223794; ou dirixirte persoalmente á Casa do Concello (5ª planta). Preguntar por Adela.
|
| Funcións de asesoramento lingüístico |
Na Administración local
- Mellorar a calidade lingüística e comunicativa da administración.
- Resolver dúbidas lingüísticas.
- Elaborar e recomendar materiais específicos, atendendo ás necesidades dos departamentos.
- Elaborar modelos de documentos da administración (formularios, cartas, actas, nóminas, facturas, etc.).
- Asesorar a administración en todo o relacionado coa política lingüística.
- Colaborar coa administración para determinar os perfís lingüísticos necesarios en cada un dos postos de traballo e colaborar nas probas e procesos selectivos para que se avalíen convenientemente os coñecementos lingüísticos por parte dos/das aspirantes.
Para a cidadanía, empresas, asociacións ou entidades
- Asesoramento lingüístico.
- Corrección de textos.
- Tradución de textos breves.
- Asesoramento sobre dereitos lingüísticos.
|
| Funcións de dinamización lingüístico |
- Planificar, xestionar, executar e avaliar accións a prol da lingua galega no ámbito de influencia da entidade.
- Fomentar o emprego do galego no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores de importancia para a súa repercusión social.
- Planificar e propoñer actividades que conciencien á sociedade respecto ao uso da lingua galega.
|
| Funcións de formación lingüístico |
- Planificar, xestionar, coordinar e difundir a realización de cursos de lingua galega, xerais e específicos, para a poboación en xeral ou para sectores concretos.
- Difusión de materiais, tanto na propia administración como á cidadanía en xeral, que contribúan á tarefa normalizadora: dereitos lingüísticos, lexislación, recursos lingüísticos que axuden ao traballo en galego, etc.
|
| Tarefas de normalización e dinamización lingüística no ámbito socioeconómico (empresa, comercio e banca) |
- Información sobre iniciativas e axudas para a galeguización do sector socioeconómico por parte das diferentes administracións.
- Información sobre campañas dinamización lingüística realizadas no concello dirixidas ao ámbito socioeconómico.
- Información sobre produtos informáticos en galego para as empresas.
- Información sobre recursos lingüísticos existentes en lingua galega (dicionarios, glosarios, correctores, ligazóns de interese…)
- Solución a calquera consulta lingüística.
- Revisión de textos breves das súas campañas publicitarias e rotulación, así como das páxinas web.
- Asesoramento sobre a elaboración de documentación en galego.
- Asesoramento sobre lexislación lingüística.
- Asesoramento para a capacitación lingüística do persoal para acadar unha mellor comunicación co cliente.
|
| Actividades de dinamización lingüística das diferentes administracións e entidades |
|
| Subvencións para a promoción da lingua galega |
|
| Ligazóns de recursos lingüísticos en rede |
Dicionarios de galego
Outras ligazóns de interese
- Secretaría Xeral de Política Lingüística: atoparedes información sobre lexislación lingüística, recursos lingüísticos, cursos Celga e de linguaxe administrativa, campañas de normalización e dinamización lingüística…
http://www.xunta.es/linguagalega
- Centro de documentación sociolingüística de Galicia: podes obter información sobre todo tipo de documentación relacionada co proceso normalizador.
http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg
- Coordinadora de traballadores/as de normalización da lingua: poderás informarte de todas as actividades normalizadoras que se están a levar a cabo.
http://www.ctnl.org/web/portada.php
|
|
|
| L | M | M | J | V | S | D |
| | 1 | 2 | | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | | 17 | 18 | 19 | 20 | | | 23 | | 25 | 26 | 27 | | 29 | 30 | | |
|