|
Aberto ao público en xaneiro de 2008, no Monte dos Nenos (Sedes) atópase o parque temático do mundo rural Aldea Nova. Trátase dun espazo de 35.000 metros cadrados de superficie, no que se recrea a vida nunha aldea típica de Galicia. Aquí pódense atopar instalacións coma un albergue con capacidade para 50 persoas, unha casa de aldea na que se sitúa un museo etnográfico, e un campo de deporte rural, ademais dunha granxa con distintas especies animais. O Concello completará neste 2009 as dotacións de Aldea Nova, coa construción dun planetario, varias aulas de informática e unha cafetería, todo no mesmo edificio.
Para máis información, pódese visitar a web oficial de Aldea Nova: www.aldeanova.es
|