|
BREVE VISIÓN HISTÓRICA DE NARONTERRA SEGÚN DIVERSOS TRABALLOS
DO HISTORIADOR NARONÉS ANDRÉS PENA.
10º EDAD MODERNA: SIGLOS XVI-XVIII
No século XVI, vinculadas a unha serie de casas tradicionais, en torno ás
feligresías do noso concello formanse unha serie de Cotos e xurisdiccións
de novo cuño.
Xurisdicción de D. Antonio de Castro Castro con 30 veciños era cabeza
do coto chamado de Trasancos (tomando o nome da vella terra á que
pertencen os concellos de Ferrol, Narón, Neda, Valdoviño
e San Sadurniño) que comprendía Lago, Sequeiro, Valdetires,
Meirás, Taraza, Aviño e Atios.
Dependía da Villa de Ferrol á sazón do IV conde de Lemos
e marqueses de Sarria don Pedro Ruiz de Castro e Andrade e doña Leonor
da Cueva e Girón a feligresía de S. Xiao de Narón que contaba
á sazón con 29 veciños.
O único Coto de San Mateo de Trasancos dividíase en tres
señoríos, se lo repartían o marqués de Sarria
que contaba con 15 vasallos, Juan de Piñeiro con 12 vasallos, y María
de Andrade con 15 vasallos.
O Val en cambio, unha única parroquia estaba dividida en catro señoríos,
cada un un coto xurisdiccional: o coto do Conde de Lemos, o de Juan Pita
de Veiga, o de Isabel de Lago e o de Juan Freire de Andrade.
Todo o poboado coto de Pedroso, que comprendía catro parroquias:
Pedroso con 54 veciños, Sedes con 60, Sta. Mariña do Monte con 41 e
o robos se veríon o pouco despoxados das suas terras por esta hidalguía.
Agora xa non obtendrían terras por contrato foral na Terra de
Trasancos os campesinos xa que esta tomaríase por un arriendo curto
de 6 ou 8 anos, sistema este que durante a Idade Moderna como unha peste
extendería a precariedade e a miseria por todala comarca. Con todo
nalgunhas feligresías (O Val) os pequenos propietarios
manteñense aínda.
Tras douscentos anos de invernizo, a mediados do século XVIII as
feligresías que hoxe conforman o Concello de Narón e o mosteiro
de Xuvia recobraron no contexto da comarca un vello vigor e desenrolan
un papel moi activo económico e cultural.
No mosteiro de S. Martiño de Xuvia, aproveitando a creación
da poboación ferrolana da Magdalena en boa medida sobre terras
do priorato, unha serie de priores ilustrados de valía excepcional
comezaron a aforar de novo, esta vez solares destinados á construcción
das novas vivendas -feiro este excepcional dada a xeneralización
mencionada do arriendo corto nos contratos agrícolas- a particulares,
logrando deste modo en virtude do laudemio (unha cláusula que
grava cun dez por cento a transmisión dun ben aforado cos
perfectos -é dicir o solar e a casa feita nel-), en poucas transmisións,
facerse co valor do construido e incluso sobrepasalo varias veces.
Así fixo tamén unha fortuna co barrio de Esteiro D. José
María Bermúdez de Mandiá, Pardiñas e Villar de
Francos, Sr. de Xuvia, Caranza, Santa Icía, do pazo da Casa do
Monte, un dos maiores terratenentes de Trasancos -xunto ó Conde de Lemos
e Andrade- aforando solares.
Fray Felipe Colmenero prior de Xuvia e o Sr. Bermúdez, sr. xurisdiccional
do coto xurisdiccional do mesmo nome, foron dous homes excepcionais
ambos aínda que nunca chegaron a entenderse e durante longo tempo pleitearon
entre sí. A fray Felipe Colmenero lle debemos duas obras históricas
que deron gran fama ó noso priorato e contribuíron á divulgación
do seu pasado, "Xuvia" e "Discurso Histórico", son
estos os primeiros estudios da Terra de Trasancos factográficos,
é dicir baseados na lectura directa das fontes, que se coñecen.
Sabemos que o Sr. Bermúdez de Mandiá, por ter este a costume
de especificar nos contratos de arriendo da súa casa os cultivos ós
que deben ser destinadas as leiras arrendadas, que é un dos primeiros
que introduce nelas, a fins do s. XVIII, a patata americana.
Por este tempo varios franceses, afincados en Xuvia e Ferrol, Lestache,
Lembeye, Bucan, Beujardin, Dufoire, aproveitando a coyuntura económica
( a instalación dos Reais Arsenales de Esteiro en terras que
foran do mosteiro de Pedroso entre 1751 e 1770) e a forte demanda de
pan das novas poboacións da Magdalena e Esteiro (a crise de subsistencia
da década de 1780) crearon en varias feligresías do Concello
de Narón unha rede de complexos fabriles industriais principalmente
para a obtención de diferentes tipos de fariñas, pero tamén
para, molendo trapos, obter pasta para a súa fábrica de papel de estraza
e común, e para triturar pedra que eran usadas como abrasivo nas súas
fábricas de curtidos. Todo esto xunto coa infraestructura necesaria
("tres embarcacións de exorbitante valor") para o transporte de
grano dende os portos de Santander, Báltico (Prusia e Rusia), Arxentina,
Estados Unidos (Philadelfia) e Canadá.
Á importancia destos molinos "de nova invención" inmerxidos
no contexto dunha verdadeira revolución industrial, engádese
o feito de que coa súa maquinaria e almacenes algúns de eles conservanse
aínda en Narón en estado de uso.
O valor medio de so un de eles "un millón dez mil
reais, nos que non se incluían outros varios e distintos edificios"
e a enorme capacidade de molturación para a época: 70.000 fanegas
de trigo anuais, ilustran a magnitude desta industria.
Catro molinos na Xuvia de Narón, o maior molino de mareas galego
no estuario de Ponte, onde antes houbera unhas aceas desaparecidas no
século XVII -único que foi Real Fábrica- conservase aínda
coa máquina en bo estado; os formais de dous molinos de vento
e os seus edificios anexos (S. Mateo e Xuvia); o explendido molino de cubeta
e turbina dos Amenadás, que continúa molendo hoxe en día,
e outros restos, o molino de Polaina, Gradaille, etc., configuran a paisaxe
dun inmobiliario arqueolóxico industrial ó que habería que
engadir as mencionadas fábricas (de iniciativa local) de curtidos
e pedra de finais do século XVIII.
|