|
BREVE VISIÓN HISTÓRICA DE NARONTERRA SEGÚN DIVERSOS TRABALLOS
DO HISTORIADOR NARONÉS ANDRÉS PENA.
11º SIGLOS XIX y XX
Co orixen nas Cortes de Cádiz uns efímeros Concellos crearonse
no 1820 coa base territorial das antigas xurisdiccións. Foron estos
TRASANCOS, formados polas parroquias de Castro, Valdoviño, Aviño,
Atios, Sequeiro, Lago, Lourido, Meirás, Valdetires e Taraza; PEDROSO,
integrado polas feligresías de Pedroso, Doso e Monte (Sta. Mariña);
XUVIA ; SAN MATEO; O VAL; SEDES y NARÓN. Estos concellos nunca chegarían
a funcionar e haberá que agardar ó 1837 para que comence a andadura
na casa de Pena de Embade o Concello de Narón que contaba no momento
da súa costitucíon con 5.018 habitantes.
Pouco despois producese a desamortización. A Casa do Monte,
os maiores latifundistas da Terra de Trasancos, xefes do partido liberal,
foron os impulsores da posta en marcha e libre circulación dos
bens do priorato de Xuvia (especialmente entre 1836-1841) en contexto
coa desvinculación de morgados,e a perdida dos diezmos da
igrexa. Feligresias como O Val que presentaban a mediados do s. XVIII un
mosaico de modestos propietarios (Catastro do Marqués) invirten no
século seguinte a situación polo despoxo usuario que "contra"
en poucas mans a terra. Os campesiños, sin futuro, vense obrigados a emigrar.A
masiva compra de títulos de terras polos que xa de manera efectiva
as tiñan foi acompañada por un endeudamiento e deterioro progresivo
dos campesiños desaparecendo incluso a pequena propiedade.
A enorme masa de terras compradas pola Casa do Monte, en sinerxia coa
baixada das rentas agrícolas, a falta de man de obra e o incremento
dos gastos suntuarios dos terratenentes que marchan ás cidades
provocan o endeudamiento dos herdeiros da fidalguía que coa
abolición do vínculo porán en circulación
as súas terras cando a entrada de capital da emigración ó longo
do s.XIX e principios do XX, permiten ós campesiños comprar as terras
ós antigos señores forzados agora ó non ter quen as quera
traballar a vendelas masivamente para manter o tren de vida.
Xunto ó sistema de propiedade da terra tamén a industria do
Concello de Narón renovase totalmente a mediados do século XIX, orientada
á exportación, concentrase na marxe dereita do río
(laminados de cobre e telares) utilizándose a maquinaria de vapor.
A principios do século XX o Concello de Narón estaba controlado por
caciques parroquiais que veníanse sucediendo de padres a fillos no
control dos cargos municipais mediante favores. Pero as cousas comezaban
a cambiar. O día de Santa Lucía, 13 de marzo de 1918, as traballadoras
da fábrica de filados de algodón de Xuvia protestaban polos
peligros do traballo, desamparo laboral e baixos sueldos ás portas
da fábrica vixiadas pola Guardia Civil, ese día celebrabase
tamén en Sedes a maior feira anual de gando da Terra de Trasancos:
Santa Lucía, con gran concurrencia de campesiños. A publicación
polo Concello das listas de repartos da contribución dos
consumos provocaron protestas pola súa arbitrariedade. Esta era tal que permitíase
que un acaudalado concelleiro, José Pazos Freire, comerciante de ultramarinos,
cartería e estanco pagara ese ano 1,92 pesetas de contribución
mentres que un humilde campesiño, Ramón López Pita pagara polo
mesmo 110 pesetas; a protesta estoupou nunha tenda propiedade
dun concelleiro. As balas da Guardia Civil mataron a seis campesiños, sendo
detidos moitos. Ferrol, a expensas do mundo rural tradicional, e os traballadores
da industria de construcción naval non pasaron estos feitos en silencio
e convocaron unha gran manifestación que, a pé, se encamiñou
dende Ferrol ó campo da Feira de "O 13". A revista "Nós"
denunciarao tamén. Os campesiños naroneses aprenderon
a lección, promovendo un asociacionismo, destinado a ter continuidade,
os sindicatos socialistas campesiños da U. G. T. promoverían durante
a Segunda República moitas reformas en todolos sensos, sendo
por eso, a partir do 24 de xuño do ano 36, moi perseguidos, con
especial violencia en S Mateo, pero sentaron as bases do cooperativismo
e movimentos asociativos da actualidade. A historia actual de Narón:
crecimento dos barrios, educación, urbanismo, movimento asociativo
e cultural, etc. a estamos levando a cabo todolos veciños.
|