|
BREVE VISIÓN HISTÓRICA DE NARONTERRA SEGÚN DIVERSOS TRABALLOS
DO HISTORIADOR NARONÉS ANDRÉS PENA.
3º DOMINACIÓN ROMANA
Como sucede en toda a Europa Celta, os castros tanto na Edad de Hierro como
na dominación romana estiveron en manos de casas ( domi ) ou clanes
nobiliares ó frente de señores ( domini ) que exercían a xurisdicción
( dominium ) sobre un amplio espacio demarcado (territorio segmentado autárquico
ou xurisdiccional) en torno a dichos castros. Na Terra de Trasancos coñecemos
polo menos 58 asentamentos deste tipo, 13 de eles estiveron repartidos polas
feligresias do Concello de Narón, que conserva 9 na actualidade,
entre os que destacan: Eiravedra (Sedes), o castro máis hermoso e máis
visible do Concello; o castro de Vilasuso (O Val) en un contexto rico en folclore,
e o castro de Pereiruga, prominente e esgrevio sobre o valle de Pedroso, como
se desprende da configuración das súas defensas un dos máis
arcaicos castros de Trasancos; e os impresionantes restos do triple sistema
defensivo do castro do Couto (Petouzal) que ilustran explendidamente no noso
concello este periodo da Edad do Hierro.
Restos tempranos do contacto co mundo romano constituyenos os trozos
de vasijas de paredes finas do "cuncheiro" de Lóngaras (A
Gándara), datadas entre os séculos I a.C. e I d.C. que parecen sinalar
o final dunha etapa de larga relación comercial co Mediterraneo
no que os intermediarios gaditanos foron protagonistas por moito tempo.
Si bien durante a dominación romana non se creou ningún
centro urbán en Trasancos, aparece xunto ó habitat castreño unha nova
forma de ocupación do territorio nos momentos finais do Baixo
Imperio: a Villa, fora do recinto fortificado en torno ós valles e tierras
fértiles.
Tratase duns tipos de pazo, en realidade dous tipos de pazos e ben distintos
na súa apariencia dos anteriores modelos de asentamento castreños,
pero ó mesmo tempo desempeñan as mesmas funcións económicas
e político administrativas que antes desempeñaban os castros,
reciben os dous novos centros administrativos o nome de "villae",
ambos ocupan e heredan o mesmo espacio que antes tiña o castro, son pois
pequenas xurisdiccións ó frente dun provincial, non un provinciano,
ou dun noble local, e ó mesmo tempo tamén son centros receptores
de rentas dos campesinos que no interior da villa traballan as terras
do señor.
As Villae ou pazos do Baixo Imperio teñen dous formas arquitectónicas
de expresarse. No primeiro caso dos que temos indicios en Quintá
(O Val) e a Hermida (Pedroso) tratase duns verdadeiros pazos feitos ó
estilo romano, contaban con todolos adiantos da tecnoloxía romana:
calefacción, patios porticados, tullas, etc.; mentras que continuándose
a tradición constructiva indígena no segundo modelo de edificios
chamados villae estos non perdian o carácter de castronelas, castros
diminutos ou pequenas granxas defendidas dos señores do lugar
dos que posiblemente podamos ter un exemplo en O Val frente á Pena
Lopesa.
|