|
BREVE VISIÓN HISTÓRICA DE NARONTERRA SEGÚN DIVERSOS TRABALLOS
DO HISTORIADOR NARONÉS ANDRÉS PENA.
4º ALTA EDAD MEDIA
O habitat en castros, dexaría paso a novas formas de ocupación
na Terra de Trasancos, pouco a pouco coincidindo coa invasión sueva,
conforman dentro da villa ou aldea altomedieval un mosaico de claros no medio
das fragas e de campesinos de cara ciscada que gañan espacio ó bosque mediante
rozas, o "lugar", locus ou a "aldea" vicus habitada polos
vicani (= Os Vicás ).
Coa reforma de San Martiño de Dumio, as
efímeras diócesis (priscilianistas) desaparecen de Galicia.
A Terra de Trasancos como arciprestazgo rural, adscribese agora a unha sede
episcopal, tradicionalmente coñecida como Vallibriense ou Mindoniense, a
que, entre outros pertencen os arciprestazgos de Trasancos, de Labacengos
e de Arrós. Mondoñedo será herdeira da vella sede
de Maeloc, obispo dos britóns, que fuxindo das invasións anglosaxonas
ocuparan unha franxa costeira dende Trasancos a Ribadeo chamada Britonia.
O Mosteiro de S. Martiño de Xuvia (olim
de sempre sacrato) Considerábase de antiquisimo orixen xa no século X,
descoñeceéndose a data da súa fundación como sabemos por un
diploma do a&no 977 que inaugura en Trasancos a espléndida
colección diplomática na entonces abadía, logo priorato
de Cunegoo (Cluny) de. A esta fonte documental do mosteiro de Xuvia, a
máis completa dun mosteiro cluniacense de España, temos
que añadir la de otro monasterio a partir de 1.111 (fecha de la fundación
por D. Munia Froilaz, irmá do Conde de Galicia D. Pedro Froilaz, monxa
xunto á sua irmá Visclávara en Xuvia) baixo a advocación de
S. Salvador: O Mosteiro de Pedroso.
No ano 844, un noble chamado D. Arximiro,
ordenado duque polo príncipe Ramiro, loitará na compaña
de - xa feito rey como Ramiro II-este contra unha gran expedición vikinga
de ocupación que con base na Terra de Faro (proximidades da
Coruña) devastaba as Rías Altas. Os duques e condes de Ramiro
incendiaron gran cantidade de naves ós invasores que na súa precipitada fuga
diezmados por unha tempestad, aínda tivieron forza para saquear Lisboa e Sevilla,
feito que destaca a magnitude da única invasión que afectou
á Terra de Trasancos, aínda que Galicia sufriría varias oleadas de
piratas vikingos máis.
|