Español
Entrada a Naronmail
 
A Golpe de Vista
 
Localización
 
Como Chegar
 
Parroquias
 
Contorno
 
Historia
 
Directorio Telefónico
 
Urxencias
 
Narón en Fotos
 
Feiras e Mercados
 
Aldea Nova
 
Cosma
 

Historia
 

BREVE VISIÓN HISTÓRICA DE NARONTERRA SEGÚN DIVERSOS TRABALLOS DO HISTORIADOR NARONÉS ANDRÉS PENA.

7º LOCACIÓN - CONDUCCIÓN

Os priores de Xuvia e Pedroso Más atentos á prosperidade das súas casas ou linaxes que os seus mosteiros, incluen nos contratos de foro cláusulas que obligan ó mosteiro no momento da reversión (é dicir cando caducan os foros) a aforar os mesmos bienes, co mesmo canon e baixo idénticas condicións sempre ó mesmo linaxe.

As familias hidalgas sobreditas perpetúanse tamén nos cargos municipais das villas de Ferrol e Neda, sentando as bases dunha protoburguesía de sangue, que, en poucas xeneracións, mediante endogamia reconstruía continuamente as súas xenealoxías. Da súa actividade depende unha industria de salazón de pescado, extracción de marisco, sobre todo ostras, os portos, as instalacións industriais e a pesca desarrollada no Mar da Xoiva en torno ó "Campo das Redes", aforado por Pedroso ós Fernandez de Ferrol (antepasados da Casa de Mandiá ou Casa do Monte), onde adoitaban a enxugar e lavar as redes os mariñeiros. Xunto á obtención de pescado salado, coiros, viños (a plantación de vid foi incentivada polos mosteiros de Xuvia e Pedroso) e o control da pesca, pronto aprenderon os fidalgos trasanqueses (Piñeyro, Andrade, Tenrreyro Mandiá) o arte da comercialización e do tráfico marítimo internacional contando nos séculos seguintes con naves propias no "mar da Xoiva" ou ría de Ferrol, orientadas ó comercio do Atlántico sobre todo a Inglaterra. Cocas, Naos y Carabelas - como a famosa nao Sta. María de Caranza de Fernán Pérez de Andrade ou a nao dos Piñeiro que sería negada segundo Gándara a Enrique de Trastámara, pero tamén ó tráfico co Mediterráneo (naves de Roi González e Fernán González de Mandiá). Xunto coa sal necesaria para a industria de salazón, constituían as principais importacións panos ingleses bastos de estopilla, e os texidos como sedas e morillas finos do Mediterráneo.

Volver
   
 
Concello de Narón - Aviso legal