|
BREVE VISIÓN HISTÓRICA DE NARONTERRA SEGÚN DIVERSOS TRABALLOS
DO HISTORIADOR NARONÉS ANDRÉS PENA.
8º SIGLOS XIV y XV
Diversas concesiones reais favorecen estas actividades no seno dun Territorio de
realengo. Así ó que trala destacada participación trasanquesa
na Batalla do "Salado" (1340), Afonso XI otorgaría extensos
privilexios ás villas, cotos e xurisdiccións destas tierra, por ello se
consideraban fidalgos os campesinos de Pedroso e outros cotos trasanqueses e
tamén por este motivo obtendrían logo moitos dos seus habitantes
cédula de Hidalguia na Idade Moderna. É este o momento de auxe da
Casa dos Lago baixo cuio mando participarían os pedrosanos na
batalla do "Salado", casa esta procedente probablemente de O Val,
Narón parroquia a que están ligados por unha tradición
conservada na Pena Lopesa ou Pena de D. Lopo de Lago, segundo a que
este noble matou por celos a sua muller e foi abaixado, é esta o
parecer tradición máis antiga que a tardía trasposición
do Ciclo Artúrico presente en Cedeira.
No contexto da guerra fratricida do Rey D. Pedro e o bastardo Enrique
no que a villa de Ferrol xugó un papel fundamental, un mal intencionado
pacto do ano 1368, diabólico, entre o bispo de Mondoñedo
e Fernán Pérez de Andrade, facía peligrar a condición
de realengo gañada no Salad e rompería o cabo o equilibrio entre
as casas dos cabaleiros trasanqueses, estreitamente emparentados entre
sí mais non por iso ben avenidos. Escindidos os Andrade durante o
conflicto en dous bandos: o Petrista ou legalista do Alcalde de Ferrol e
"Mestre" no exilio da Orden de Cristo de Portugal don Nuño
Freire e a facción Henrriquista ou rexida, representada polo irmán
do alcalde de Ferrol Fernán Pérez de Andrade ou Bó.
Para os habitantes e a nobleza comercial da Terra de Trasancos o triunfo
no 1371 da rama traidora dos Andrade supón unha traxedia. Algúns linaxes
como os Esquío, os Mandiá ou os Tenrreiro sobreviven, outros,
cuia economía e poder político dependía da boa relación
cos mosteiros de Xuvia e Pedroso e co control directo dos reximientos
de Ferrol e Neda, como sucedía tamén cos demáis
linaxes, serán "abaixados" pola rama felona da Casa
de Andradre como foi seguramente o caso dos Lago e os Piñeiro,
do partido "petrista". Lonxe de desaparecer este partido "petrista"
laterá escondido agardando mellores tempos.
Fomentada dende o mosteiro de Xuvia e apoiada sen dúbida polo Rei Juan
II de Castilla a oportunidade lles chega ós abaixados cando traizoado
polo duque de Arjona e Nuño de Andrade O Mao este rei para vengarse
deste último, lle quita o señorío das villas de
Ferrol e Neda, as suas villas polas mercedes enriqueñas, e lles confirma
a estas e ós cotos da Terra de Trasancos pretéritos privilexios
deixando a Nuño Freire na ilegalidade e desamparo. Estas circunstancias
dan pé á primeira Revolta Irmandiña do ano1431. Foi
esta unha rebelión xusta, promovida pola fidalguía, os coutos monásticos
e un campesinado con carta de fidalguía, enrriquecidos todos polo tráfico
marítimo e asfixiados polo réximen de behetrias instalado
polos Andrade sobre os coutos con impostos. Instigada polo Rei na
sombra, a Primeira Revolta Irmandiña, baseábase no respeto ós
privilexios pretéritos, liberdades, franquezas e exencións das
villas de Ferrol e Neda, e os diversos cotos e xurisdiccións de Trasancos,
de novo validados por D Juan II. A rebelión culmina a larga resistencia
activa por parte dos campesinos, contra o intento refeudalizador dun
sector dos cabaleiros.
|