|
BREVE VISIÓN HISTÓRICA DE NARONTERRA SEGÚN DIVERSOS TRABALLOS
DO HISTORIADOR NARONÉS ANDRÉS PENA.
9º LA REVUELTA IRMANDIÑA
Dirixida posiblemente polo fillo de Pedro Fernandez de Ferrol, Roi Paas (de Mandiá
y Parga) apodado seguramente Roi da Sorda ou Roi Sordo. Tra-lo fallido intento
de captura de Nuño Freire en Ferrol, o rei Juan II, inductor tácito
do alzamento, antes de dirixirse á fronteira granadina confiaba aínda
en organizar en Betanzos un arreglo pacífico entre as dúas partes, que
fracasa ó non ceder os Irmandiños nas súas exigencias.
Tras algúns éxitos iniciais da "Irmandade" detida
ante as murallas de Santiago onde se refuxiara Nuño Freire de Andrade,
este, co apoio do Arzobispo D. Lope de Mendoza e os castellanos do
correxidor D. Gómez García de Hoyos, os derrota e sorprende
tamén en Pontedeume ós sitiadores do seu castelo que, perseguidos,
na súa huída serían asasinados sin piedade. Con Nuño estaba
Pedro Fernández de Andrade. Moitos ferroláns como recolle a protesta
de Pedro Padrón serían ahorcados nunha sangrienta represión.
No século XIV vería outra revolta máis e tamén outra
derrota dos oprimidos na que, de novo estaban implicados os Mandiá
(o notario da villa de Ferrol Ioan Fernández), e de novo apoiados
inicialmente ( Xuvia e Pedroso enviaron a Lugo no Abril de 1468 un procurador
cunha petición de confirmación e unha sobrecarta deste rei
D. Enrique) e abandoados logo polo rei Enrique IV. Fracasada a revolta,
ambos mosteiros, San Martiño e San Salvador perden os seus priores.
A casa de Andrade pasará a controlar os ingresos do mosteiro
de Xuvia. Por unha cifra ridícula de catrocientos mrs. anuais Diego
de Andrade e María das Mariñas obtienen, tra-lo cambio de prior
en Xuvia, no 13 de xuño de 1472 o dereito de patronato, presentación
e disfrute directo dos beneficios de Ferrol, Serantes, Brión, Doniños,
Esmelle, Mariña, Cobas, Vilar, Cerdido, Barbois, Moeche, Grandal, Perbes,
Andrade, Narón, Franza, San Mateo, más as principais heredades
do mosteiro: Casal de Johane dos Abruñeiros, Casal das donas (o
Vilar), Casal de Insoa e Anido (Ferrol), Casal de Pedros, Casal de Cambre
(Lubre), Chantelos (Mea), Casal de Caranza, e Andrade, Narón, Franza, San Mateo, más as principais heredades
do mosteiro: Casal de Johane dos Abruñeiros, Casal das donas (o
Vilar), Casal de Insoa e Anido (Ferrol), Casal de Pedros, Casal de Cambre
(Lubre), Chantelos (Mea), Casal de Caranza, etc. O Mosteiro de Xuvia quedaba
arruinado pasando á Casa de Andrade o grueso do seu patrimonio.
A reforma dos reis católicos acabará definitivamente co
protagonismo dos mosteiros de Xuvia e Pedroso. Cos despoxos do
pretérito xigantismo Xuvia sobrevivirá longamente, dependendo
agora do Mosteiro de Vilanova de Lourenzana, e aínda vería
momentos de esplendor. O Mosteiro de Pedroso arruinase ó longo do
século XVI chegando a desaparecer fisicamente. Entre as protestas dos moradores
do seu Coto, anexionado a S. Martín de Mondoñedo e logo á
propia Catedral, pese á oposición e pleitos dos seus moradores que
considerabanse lexitimamente de realengo, as xurisdiccións dos cotos
de Pedroso foron vendidos pola Sede Mindoniense ós mellores postores:
A casa dos Andrade de San Sadurniño
|