|
 |
Historia |
| |
 |
Os condes e duques, señores destas terras, manteñen aínda os antigos títulos de príncipes, pervivindo así ao longo dun milenio institucións do pasado. Estes príncipes teñen uns infantes aos que lles conceden as "villae". Á súa vez estes cabaleiros viven das rendas que perciben dos labregos e das taxas que lles impoñen aos homes libres da súa xurisdición. Trasancos acolle o máis importante clan de Galicia, que ten residencia no mosteiro de San Martiño. É a dinastíados Petriz ou Froilaz, máis tarde condes de Trava, que contribuiron a consolidar este mosteiro, xunto ao de San Salvador de Pedroso, entre os máis influentes de Galicia.Nos primeiros anos do s. XIII, a terra de Trasancos sofreprofundísimos cambios, e fúndanse as vilas de Neda e Ferrol.
|
| Este feito trouxo fondas implicacións en todos os eidos e a ruptura da autarquía política e económica tradicional. Houbo tamén neste momento loitas internas entre fidalgos para chegar a establecerse como comendeiros dos mosteiros, e creouse un ambiente social violento e enrarecido. Chegan, así, anos escuros e caos económico, a desastrosa Batalla do Salgado contra os árabes e os primeiros brotes de peste negra. Con isto San Martiño vai perder unha poboación que no século XVI non se recuperara. |
|
|
Sartégos mediaváis
|
 |
|
|
|
| L | M | M | X | V | S | D |
|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | | 23 | 24 | | | 27 | 28 | 29 | 30 | | |
|