Concello de Narón
Español
Entrada a Naronmail
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón
Turismo
3 Concurso Monólogos Que me dis
Letras Galegas 2012
Servizo de Normalización Lingüística
Servizo de Normalización Lingüística
Do berce a rúa
Fotos de Narón
Educación viaria
As palabras do galego
 

O galego, ao igual que toda lingua, componse de palabras... Palabras fermosas, palabras únicas, palabras novas, palabras históricas, palabras suxestivas, palabras maliciosas, palabras dialectais, palabras sinónimas, palabras antónimas, palabras propias, palabras prestadas,... Mais ao fin e ao cabo todas elas palabras que nos pertencen e que debemos coidar e protexer para que continúen formando parte do noso patrimonio cultural.

Por este motivo, dende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón, dependente da Concellaría de Cultura, poñemos en marcha unha iniciativa que ten por obxecto render homenaxe ás palabras da lingua galega.

Cada mes realizaremos diferentes propostas para que nos acheguedes as palabras que máis vos gustan, que máis curiosas vos parecen, que máis vos transmiten, que máis nos definen como galegos e galegas, as que lles escoitamos aos nosos avós e avoas,... Poderedes enviar as vosas escollas, tanto se aparecen nos dicionarios coma se son palabras dialectais propias da zona xeográfica onde vivides, ao correo a.pita@naron.es e posteriormente colgaranse na páxina web do concello www.naron.es aquelas máis recorrentes. Ademais, toda aquela persoa que o desexe poderá enviar comentarios sobre estas palabras expresando o que lles evocan, se teñen algunha anécdota curiosa relacionada con esa palabra,... Os mellores comentarios serán colgados na web. Ao final de cada mes publicaremos as palabras máis votadas e os mellores comentarios na páxina web.

Non se publicarán na web aqueles comentarios ou achegas que conteñan linguaxe basta ou ofensiva. Ademais, o Concello de Narón non se fai responsable do posible plaxio das creacións literarias, ou doutro tipo, enviadas polas persoas participantes nesta iniciativa.

Podedes realizar as vosas consultas no teléfono 981 33 77 00 ext 1516 ou 607 22 37 94 (Adela) ou a través do correo a.pita@naron.es.

Este Servizo de Normalización Lingüística foi creado a través dun convenio de colaboración coa Deputación da Coruña denominado "Programa de cooperación cos concellos da provincia da Coruña, para a creación ou mantemento dos servizos de normalización lingüística, anualidades 2009-2011". E ademais recibiu achegas económicas por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística para subvencionar o mantemento do servizo lingüístico (Resolución do 16 de abril de 2010).

 
Guillermo Sánchez Fojo
Concelleiro de Cultura
Setembro
Seleccionadas Xullo e Agosto  Seleccionadas Febreiro  Seleccionadas Marzo
Seleccionadas Abril  Seleccionadas Maio  Seleccionadas Xuño

O tempo

nublado
vindeiros días

Farmacias

 Horarios

<<< Maio 2012 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
14
15
17
18
19
20
23
25
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
agenda

destacados

Oficina virtual Teléfonos municipáis Persoal - Oposicións Ordenanzas municipáis Perfil do Contratante Padrón Municipal Padrón Municipal Subvencións Orzamentos municipáis 2012 PEMES Solicitude da tarxeta sanitaria europea Narón: terra de futuro naronroda Movilidade eléctrica Fondo Galego de Cooperación
   
 
Concello de Narón - Aviso legal