|
Nos últimos vintecinco anos Narón ten dado pasos fundamentais na construcción dun concello moderno e economicamente activo. Pero darlle
forma a un municipio é tarefa de anos, un traballo que nunca remata. A oitava área urbana de Galicia vaise construíndo co esforzo diario de
cada veciño e veciña nos máis diversos eidos.
Narón é unha vila de marcado carácter industrial e de servizos, o motor económico da nosa comarca. Baixo a idea dun "movemento perpetuo",
converteuse nun concello novo e activo, no que se asentan empresas, polígonos industriais, infraestructuras culturais e deportivas, vías
de comunicación, escolas e institutos e, agora os nosos servizos electrónicos.
Con este servizo en liña queremos aproveitar as posibilidades que Internet ofrece para manter o avance que está a
caracterizar o noso concello. É tamén o noso obxectivo ofrecerlle á veciñanza unha institución aberta coa que facilitarlle o contacto
institucional e persoal, e que se poda converter na súa porta de entrada na rede.
Juan Gato Díaz Alcalde de Narón
|