|
A Obra Social Caixa Galicia, en colaboración coa Concellaría de Formación Laboral, Emprego e Novas Tecnoloxías, pon en marcha un curso
gratuíto dirixido a persoas emprendedoras para asesoralas empresarialmente ante a constitución da súa empresa.
Entre os obxectivos desta Concellaría está a aposta firme de apoio ao emprendemento, pola importancia que para o desenvolvemento do noso
concello ten, a creación de emprego e o crecemento e a diversificación do noso tecido empresarial.
Nos seguintes arquivos pódese descargar a solicitude de inscrición e a información sobre contidos, datas, horarios e prazos do curso.
Para máis información ou suxestión contactar coa técnica de emprego, no entrechán do concello ou no teléfono: 981-337700, ext. 1123.
|