Español
Entrada a Naronmail
 
Benvida do Alcalde
 
Concello En Liña
 
Contacto
 
Axenda
 
Organización Municipal
 
Ordenanzas
 
Heráldica
 
Teléfonos de Interese
 
Ligazóns de Interese
 
Suxestións
 
Directorio de Persoal
 
Plan Xeral (P.X.O.U.M.)
 
Servizos Sociocomunitarios
 
Servizos Municipales
 
Orzamentos 2008
 
Persoal - Oposicións
 
Concursos
 

Heráldica
 
Escudo de Narón
Escudo de Narón

Bandeira de Narón
Bandeira de Narón

O Escudo Heráldico Municipal do Concello de Narón foi aprobado por Decreto da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia de 23 de febreiro de 1984, que dispón no seu artigo único: "Apróbase o Escudo Heráldico Municipal do Concello de Narón, da provincia de A Coruña, que quedará organizado do seguinte xeito:

Escudo medio partido e cortado.
1º, de ouro, cinco trabas de azur.
2º, de azur, duas chaves de ouro adosadas e entretenidas cos seus aneis en forma de rombos pometeados.
3º, de azur, duas espigas de ouro e sobre elas unha áncora de prata. Ao timbre corona real cerrada."

As espigas de trigo recordan a antiga economía do Concello de Narón, baseada principalmente na producción de cereais e o traballo da terra. A áncora é símbolo da vida mariñeira deste municipio, que se extende desde o Océano Atlántico ata o fondal da ría de Ferrol.

No xefe do escudo, as trabas son as armas parlantes da antiga e poderosa casa de Traba. Os seus Condes fundaron e protexeron o mosteiro de San Martiño de Xuvia. Pola súa banda, as dúas chaves son o símbolo heráldico do mosteiro de Cluny, xefe da Orden de San Bieito, do que dependeu como priorato o mosteiro, desde o ano 1121 ata o ano 1518. Aos monxes deste mosteiro debemos a valorización e o cultivo de moitas terras do actual Concello de Narón.

   
 
Concello de Narón - Aviso legal