|
En base o disposto na Lei 2/1985 de xaneiro sobre Protección Civil , que considerase un servicio público que se oriente ó estudio
e prevención de situacións de grave risco colectivo, catástrofes extraordinarias ou calamidades públicas na que poida peligrar,
de forma masiva, a vida e integridade física das persoas e bens e na súa organización, funcionamento e execución participan as
diferentes administracións Públicas, así como ós cidadáns mediante o cumprimento dos seus deberes e a prestación da súa colaboración
voluntaria. Non e un corpo de seguridade, nin trata de suplantar os existentes, a súa misión consiste na organización dos medios
dispoñibles no Municipio para previr ou mitigar en caso de que se produzan situacións de risco para a poboación.
En calquera ámbito da administración, e por suposto nos servicios locais de P. C. As funcións básicas que deben realizarse son:
- Previsión
- Prevención
- Planificación
- Intervención
- Rehabilitación
|
|
A Xunta Local de Protección Civil e o órgano de asesoramento e colaboración do Alcalde do Concello sendo o elemento básico de
coordinación de todos los medios e recursos de que se dispoñen na localidade e está composta por:
- Presidente: Alcalde de Narón
- Vicepresidente: Concelleiro Delegado do Area
- Secretario: o do Concello ou funcionario no que delegue
- Vocais: Xefe da Policía Local, Xefe de Sanidade, Arquitecto Municipal, Presidente Agrupación Voluntarios.
|