|
Nesta guía detallamos uns sinxelos pasos que lle permitirán configurar as contas de correo electrónico en Outlook Express 6, calquera outra versión de Outlook Express pode aportar cambios nos menús de configuración, pero os datos a configurar, serían os mesmos. Para a mellor comprensión desta guía utilizaremos como exemplo a dirección cuenta@naronmail.net
O primeiro paso será seleccionar "Cuentas" na "Barra de herramientas".

Seleccionamos a solapa de correo, e pulsamos o botón "Agregar".

Na primeira ventana deberá introducir o seu nome e apelidos nas casillas correspondentes. Unha vez introducidos pulse "Siguiente".
Na segunda ventana deberá introducir a dirección eléctronica que está a configurar, neste caso, cuenta@naronmail.net. Unha vez introducida pulse "Siguiente".
Na seguinte ventana, pediránselle os servidores de correo POP3 e SMTP. Ambos servidores son iguais: mail.naronmail.net. Unha vez introducidos pulse "Siguiente".

Agora se lle pedirá o nome da conta e a contrasinal. Teña en conta que no nome de conta deberá poñer "mail-" seguido do que vai xusto antes de @naronmail.net, é dicir, neste caso, sería mail-cuenta. Unha vez cumprimentados os datos, pulse "Siguiente" e na seguinte ventana "Finalizar".
A súa conta de correo está configurada. Para poder empezar a utilizala, haberá que configurar a autentificación do servidor.
Unha vez que pulsamos sobre "Finalizar", voltaremos a unha ventana de "Cuentas de Correo" na que veremos a nosa conta.
Facemos doble click sobre ela (ou a seleccionamos e pulsamos en "Propiedades") e eleximos a solapa de "Servidores".

Marcamos a casilla de "Mi servidor requiere autentificación" e facemos click en "Configuración". Na configuración deixamos seleccionada a opción de "Usar la misma configuración que el servidor de correo entrante".

Aceptamos tódolos cambios e saímos. A nosa conta xa está configurada e preparada para poder enviar e recibir correos electrónicos
|