|
 |
Pazo da cultura |
| |
|
|
Entrada principal Pazo da Cultura de Narón
|
 |
| |
Logo da consolidación de Narón coma referente na xestión cultural pública en Galicia, o Concello de Narón, xunto co seu Padroado da Cultura, vén de inaugurar o novo
Pazo da Cultura. O segundo maior auditorio de Galicia servirá de espazo de acollida de grandes eventos culturais á vez que sede da Escola Profesional de Teatro de
Narón e das escolas de baile, música e danza do Padroado de Cultura. Pero ademais é capaz de acoller a meirande parte da programación cultural que ata hoxe se celebraba
no Auditorio Municipal de Narón, que xa quedou pequeno co devir dos anos.
A organización interna do novo Pazo da Cultura responde a un edificio cultural dividido en espazos destinados a usos distintos aínda que relacionados entre si, coma son o
espazo dedicado á escola de música, danza e teatro, outro para albergar exposicións, un grande espazo que corresponde ao teatro e, finalmente, o lugar onde se desenvolve a
escena e as estancias de ensaio e camerinos, ademais de almacéns e outras instalacións propias dunha infraestrutura cultural coma esta.
| |
O edificio está distribuído por zonas, asignando á Planta Soto maquinaria e instalacións por un lado, e aulas e salas de ensaio por outro. Na Planta Escena atópanse os
almacéns, obradoiros e escena. Nas plantas Baixa, Primeira e Segunda sitúanse a Escola (con obradoiros, salas, secretaría e arquivos na planta Baixa, salas de ensaio,
almacéns, vestiarios na Planta Primeira e aulas na Planta Segunda), a zona de Exposicións, que se desenvolven na Planta Baixa, o Edificio do Teatro (co patio de butacas,
palcos, dous anfiteatros e outras instalacións coma salas de control e aseos), e por último o espazo que ocupa a Escena (onde atopamos camerinos na Planta Baixa e Primeira,
almacéns e controis na Planta Segunda) .
O Pazo da Cultura de Narón foi inaugurado oficialmente o pasado 13 de decembro de 2008, polo anterior alcalde de Narón, Xoán Gato Díaz.
|
|
|
Interior
|
 |
|
|
|
Maqueta
|
 |
|
|
|
Situación
|
 |
|
|
|
Soto
|
 |
| | |
|
|
Escena
|
 |
|
|
|
P. Baixa
|
 |
|
|
|
1ª Planta
|
 |
|
|
|
Vistas
|
 |
| | |
|
|
Alzado
|
 |
|
|
|
2ª Planta
|
 |
|
|
|
<<< Febreiro 2010 >>>
| L | M | M | X | V | S | D |
|
1 | 2 | 3 | | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | | | | | 19 | 20 | 21 | | 23 | 24 | | 26 | 27 | 28 |
|