Concello de Narón
Español
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón
Turismo
Servizo de Normalización Lingüística
Do berce a rúa
Fotos de Narón
Educación viaria
Novas
 
O CONCELLO PRESENTA UNHAS FESTAS DE VERÁN PARA TÓDOLOS PÚBLICOS
O CONCELLO PRESENTA UNHAS FESTAS DE VERÃN PARA TÓDOLOS PÚBLICOS
Ana Belén e Victor Manuel, Dover, música folk e o festival internacional de Folclore son algunhas das actuacións previstas para o mes de Xullo.
Narón, 30 de Abril de 2008.- O Concello de Narón ven de presentar as suas festas de verán 2008, que se desenvolverán do día 16 ó 20 de Xullo no paseo marítimo de Xuvia. O cambio de ubicación respecto a anos anteriores –nos que as celebracións tiñan lugar na Praza de Galicia- débese á necesidade de dispor de espazo suficiente para os grandes concertos musicais que acollerá o municipio durante estos días.

O orzamento total dos festexos –nos que colaboran as concellerías de Festas, Cultura, e Xuventude, e a Alcaldía- ascende a 479.500 €. A intención do goberno local é ofrecer unhas festas para tódolos públicos, nas que cada día esté adicado a unha franza de idade. O obxectivo xeral destas Festas de Verán 2008 é o de dar unha imaxe de festas de cidade, e non un conxunto de actividades lúdico-festivas.

Para facer posible esta idea, o Concello comenzará as celebracións o día 16 de Xullo cun pregón a cargo de Pedro Alonso e Mercedes Castro (protagonistas da serie de TVG “Padre Casares”). A continuación terán lugar as actuacións dos grupos “Los Truenos” e “Jockeys” (música dos anos 70) ás que seguirá unha sesión de fogos artificiais acuáticos –na ribeira de Xuvia-. O primeiro día festivo pecharase coa actuación do grupo “Los Zares”.

O día 17 estará adicado ós xóvenes, con dous concertos de Siniestro Total e Dover. Na xornada seguinte, o día 18, actuará a Orquesta Galilea, e o dúo formado por Ana Belén e Víctor Manuel. O penúltimo día das celebracións, o 19, está programado o Festival Internacional de Folclore-Concello de Narón (con grupos de Las Palmas de Gran Canaria, Tenerife, Venezuela, México, Senegal, Portugal, Daguestán e Galicia) e, de novo, unha sesión de fogos artificiais.

E xa para finalizar, a noite do 20 de Xullo haberá un Festival Folk no que participarán os grupos Faltriqueira (Galicia), Four men and a dog (Irlanda), e Milladoiro (Galicia).

Ademais, o Concello organizará durante estos cinco días actuacións infantís e xuvenís, inchables, karaokes e teatro.

O Alcalde de Narón, Xoán Gato, asegurou que estas festas teñen que convertirse nun referente, cando menos comarcal e provincial, como xa o son a Cultura, o Deporte ou a reindustrialización deste Concello.



Últimas novasu Tódalas novas

O tempo

nublado
vindeiros días

Farmacias

 Horarios

<<< Febreiro 2012 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
15
17
18
19
21
22
24
25
26
27
28
29
 
Eventos do Concello
agenda

destacados

Oficina virtual Teléfonos municipáis Persoal - Oposicións Ordenanzas municipáis Perfil do Contratante Padrón Municipal Subvencións Orzamentos municipáis 2012 Solicitude da tarxeta sanitaria europea Solicitude da tarxeta sanitaria europea Narón: terra de futuro naronroda
   
 
Concello de Narón - Aviso legal