Español
Entrada a Naronmail
 

Novas
 
EXITO DE PÚBLICO NA CELEBRACIÓN DA PRIMEIRA GALA DO COMERCIO DE NARÓN 2008
A Praza da Gándara acolleu este evento, no que se deron cita máis de 1.000 espectadores.
Luns, 26 de Maio de 2008.- O Concello de Narón ven de cosechar un novo éxito trala celebración da 1ª Gala do Comercio, organizada por Cóntame Produccións en colaboración coa Asociación de Veciños de A Gándara.

As Concellerías de Promoción Económica, Festas e Ocio, e Protocolo xunto coa Alcaldía dispuxeron o necesario para poder levar a cabo este evento de apoio ó comercio local, no que por primeira vez modelos profesionais e aficionados subíronse á pasarela para lucir a moda que xa está nos escaparates e nas tendas de Narón.

Neste acto tamén se presentou o deseño dunha bolsa única, que proximamente chegará ós comercios do municipio, e coa que se pretende promocionar o comercio local.


Descarga de archivos
O Alcalde e a Concelleira de Promoción Económica entregaron un obsequio ós comercios participantes na 1ª Edición da Gala do Comercio de NarónTamaño: 40,40 KB


Últimas novasu Tódalas novas
   
 
Concello de Narón - Aviso legal