Español
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Novas
 
FIRMADOS CATRO CONVENIOS DE COLABORACIÓN CON ENTIDADES SOCIAIS
O Concello aporta máis de 10.000 euros anuais nas actividades destas asociacións.
Narón, 23 de Decembro de 2008.- O Alcalde de Narón, Xoán Gato, e os representantes da Asociación de Veciños Chafarís (Alto do Castiñeiro), Asociación de Veciños Virxe de Fátima (Freixeiro), Asociación da Terceira Idade de Pedroso, e Asociación de Loita Contra os Malos Tratos (ALMAT) firmaron hoxe catro convenios de colaboración para os que o Concello destina máis de 10.000 euros durante este ano 2008. O rexedor municipal lembrou que, aínda que Narón dispón dun Orzamento Municipal austero, continúa a invertir en servicios para mellorar a calidade de vida dos cidadáns. “É unha satisfacción poder colaborar en iniciativas coma ésta”, sinalou.

O convenio de colaboración coa AVV Chafarís, por importe de 2.800€ anuais e cunha vixencia de dous anos prorrogables ata un máximo de catro, cubrirá gastos de mantemento e funcionamento do local da asociación e actividades de interese xeral promovidas polo Concello para fomentar a Participación Cidadá. A este respecto, Xoán Gato lembrou que na actualidade existen perto de 180 asociacións inscritas no Rexistro Municipal.

Pola súa parte, a AVV Virxe de Fátima recibirá 5.300€ anuais durante dous anos –prorrogables ata catro-, que financiarán os programas e actividades culturais e deportivos realizados pola entidade.

En canto á asociación da Terceira Idade de Pedroso, o Concello aporta unha achega de 1.000€anuais durante dous anos, tamén prorrogables ata un máximo de catro, para financiar o mantemento do local e as actividades que o Concello realice no seu interior.

Finalmente, a Asociación de Loita contra os Malos Tratos (ALMAT) desenvolverá programas de servizos sociais no termo municipal de Narón, para o cal disporá dunha achega económica anual (1.500€, prorrogables durante un ano) e de persoal (un técnico en xestión de servizos e un administrativo do Servizo Sociocomunitario colaborarán coa asociación).

Ó acto da firma dos convenios asistiron tamén Mª del Carmen Espada, Concelleira de Igualdade e Muller, e Natalia Hermida, Concelleira de Participación Cidadá, en representación das concellerías ás que se adscriben estos convenios.



Últimas novasu Tódalas novas

O tempo

nublado
vindeiros días

Farmacias

 Horarios

<<< Septembro 2010 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
agenda

destacados

   
 
Concello de Narón - Aviso legal