Concello de Narón
Español
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón
Turismo
Servizo de Normalización Lingüística
Do berce a rúa
Fotos de Narón
Educación viaria
Novas
 
O CONCELLO PRESENTA A PROGRAMACIÓN DE FESTAS DE NADAL EN NARON
O CONCELLO PRESENTA A PROGRAMACIÓN DE FESTAS DE NADAL EN NARON
A Praza de Galicia acollerá actividades para os nenos, e no Auditorio haberá festivais de maxia infantil.
Narón, 23 de Decembro de 2008.- A Concelleira de Ocio e Festas de Narón, Mª del Mar Gómez Casal, presentou hoxe en rolda de prensa a programación de Festas de Nadal que se celebrará en Narón ata o vindeiro 5 de xaneiro. Tódalas actividades están pensadas para os máis pequenos da casa, agás a tradicional celebración da noite de Fin de Ano, que unha vez máis terá lugar nunha carpa instalada na Praza de Galicia.

Entre o 26 de decembro e o 3 de xaneiro –incluidos- a Praza de Galicia acollerá en horario de tarde (de 16:00 a 19:00 horas) atraccións, inchables, cine infantil, obradoiros de malabares, manualidades, maquillaxe e globoflexia. O día 2 de xaneiro está previsto un concurso de karaoke, e o día 4 haberá unha visita dos Reis Magos, que estarán acompañados polo Mago Martín e atraccións e inchables. A véspera de Reis, se celebrará un festival infantil no que tamén haberá karaoke.

A ONG Lena –con sede en Narón, e que realiza proxectos de axuda á rexión brasileña de LenÇois- tamén estará presente nestas datas na Praza de Galicia. Entre o 26 e o 30 de decembro, de 16:00 a 19:00 horas, instalará unha tenda solidaria na que se poderán adquirir artículos feitos con materiais de reciclaxe. O día 30 tamén se instalará unha mesa informativa da Coordinadora “Pobreza Cero”, coa que colabora dende o pasado ano.

Pero ademáis, Lena organizará o día 3 de xaneiro o tradicional Festival Solidario, que nesta ocasión se celebra no Pazo da Cultura. Está prevista a actuación de actores de series da TVG (como Padre Casares, ou Libro de Familia), o Clube de Ximnasia Acordes de Narón, o mago Antón, e a Banda Municipal de Gaitas, entre outros. A recaudación se destinará a financiar proxectos de desenvolvemento de esta rexión de Brasil. “Queremos que estos días de Nadal sexan tamén unhas datas de solidariedade”, comentou o director do Padroado de Cultura, Luciano Fernández.





O Auditorio Municipal da Praza de Galicia é outro dos escearios de celebración destas Festas de Nadal. Neste espacio está prevista a celebración de dous espectáculos de maxia, de carácter gratuito e dirixidos a familias con nenos. O día 26 actuará o Mago Antón cun espectáculo titulado “Armas baixo control”, e o día 27 será o turno do Mago Luis Boyano, un dos mellores do país e gañador do concurso mundial de maxia no ano 2002.

O Auditorio acollerá ademáis o Concerto de Fin de Ano a cargo da Xove Banda de Narón. Tódalas actividades serán de carácter gratuito, agás o festival de Lena no Pazo da Cultura.

E pensando nos maiores, o Concello ven de presentar tamén a tradicional Festa da Noite de Fin de Ano, que se celebra nunha carpa de 1.200 metros cadrados que dispón de calefacción e cafetería. Nesta ocasión se contará coa actuacións das orquestras Olimpus e Filadelphia, a partires das 00:30 horas.

O orzamento total dos festexos de Nadal é de 60.000 euros da Concellería de Festas, máis outros 10.000 euros aportados polo Padroado de Cultura de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

O tempo

nublado
vindeiros días

Farmacias

 Horarios

<<< Febreiro 2012 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
15
17
18
19
21
22
24
25
26
27
28
29
 
Eventos do Concello
agenda

destacados

Oficina virtual Teléfonos municipáis Persoal - Oposicións Ordenanzas municipáis Perfil do Contratante Padrón Municipal Subvencións Orzamentos municipáis 2012 Solicitude da tarxeta sanitaria europea Solicitude da tarxeta sanitaria europea Narón: terra de futuro naronroda
   
 
Concello de Narón - Aviso legal