Concello de Narón
Galego
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón
Turismo
3 Concurso Monólogos Que me dis
Letras Galegas 2012
Servizo de Normalización Lingüística
Servizo de Normalización Lingüística
Do berce a rúa
Fotos de Narón
Educación viaria
Do berce á rúa: Medra coa lingüa
 

Queridos e queridas pais e nais, coidadores, coidadoras, mestres e mestras,

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón, dependente da Concellaría de Educación, lanza a campaña Do berce á rúa. Medra coa lingua.

Queremos darvos a coñecer esta iniciativa que ten como obxectivo promover o emprego da lingua galega de pais, nais, educadores e educadoras a nenos e nenas como lingua de comunicación habitual.

A transmisión interxeracional do galego, tanto no ámbito familiar coma educativo é vital para conseguir que nenos e nenas acaden un coñecemento pleno desta lingua e teñan o dereito e a oportunidade de empregala con total normalidade. Mediante esta campaña pretendemos concienciar a familias, coidadores/as e mestres/as da importancia de empregar como lingua de comunicación cos nenos e nenas a lingua galega pois supón o coñecemento da nosa lingua propia, a creación dun vínculo co seu contorno e un importante factor de identidade cultural, ademais de favorecer a adquisición de novas linguas.

Do berce á rúa. Medra coa lingua é un proxecto que consta dunha web na que podedes atopar diferentes recursos, tanto didácticos coma lúdicos, en lingua galega. Mais a campaña pretende activar un proceso participativo entre nais, pais, educadoras e educadores co Servizo de Normalización Lingüística co fin de elaborar recursos e materiais que faciliten a aprendizaxe da lingua galega por parte de nenas e nenos.

Neste inicio da campaña centrámonos na etapa de 0 a 3 anos aínda que posteriormente iremos ampliando esta marxe de idade.

Maria del Carmen Espada Cortizas
Concelleira de Educación de Narón

El tiempo

nublado
próximos días

Farmacias

 Horarios

<<< 2012 >>>

LMMJVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
14
15
17
18
19
20
23
25
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
agenda

destacados

Oficina virtual Teléfonos municipáis Persoal - Oposicións Ordenanzas municipáis Perfil do Contratante Padrón Municipal Padrón Municipal Subvencións Orzamentos municipáis 2012 PEMES Solicitude da tarxeta sanitaria europea Narón: terra de futuro naronroda Movilidade eléctrica Fondo Galego de Cooperación
   
 
Concello de Narón - Aviso legal