Español
Entrada a Naronmail
 
Benvida do Alcalde
 
Concello En Liña
 
Contacto
 
Axenda
 
Organización Municipal
 
Ordenanzas
 
Heráldica
 
Teléfonos do Concello
 
Outros teléfonos de interese
 
Ligazóns de Interese
 
Directorio de Persoal
 
Plan Xeral (P.X.O.U.M.)
 
Servizos Sociocomunitarios
 
Servizos Municipais
 
Orzamentos 2010
 
Persoal - Oposicións
 
Concursos
 
Regulamento de participación cidadá
 
Entidad de conservación de Río do Pozo
 
Servizo de normalización lingüística
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Servizo de Normalización Lingüística
 

O Concello de Narón dispón dun Servizo de Normalización Lingüística, indispensable no proceso de recuperación e dinamización da lingua galega. O obxectivo principal deste departamento pasa por incrementar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos do termo municipal.

Este departamento, á parte do seu labor interno, tamén lle presta o seu servizo a calquera persoa particular, empresa, asociación ou entidade que o demande, tanto de asesoramento lingüístico coma de tradución e corrección de textos. Entre as funcións que desenvolve atópanse as de dinamización, asesoramento e formación lingüística.

Este servizo foi creado a través dun convenio de colaboración coa Deputación da Coruña denominado “Programa de cooperación cos concellos da provincia da Coruña, para a creación ou mantemento dos servizos de normalización lingüística, anualidades 2009-2011”. Ademais, o Servizo de Normalización Lingüística tivo unha achega económica da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) mediante o convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a FEGAMP para a realización de actividades en materia de normalización lingüística nas entidades locais de Galicia durante o ano 2009.

Se tes algunha dúbida sobre o funcionamento deste servizo ou desexas obter información adicional podes poñerte en contacto co SNL a través deste mail: a.pita@naron.es; ou ben por teléfono nos seguintes números: 981 33 77 00 (extensión 1516)- 607223794; ou dirixirte persoalmente á Casa do Concello (5ª planta). Preguntar por Adela.

Funcións de asesoramento lingüístico

Na Administración local
  • Mellorar a calidade lingüística e comunicativa da administración.
  • Resolver dúbidas lingüísticas.
  • Elaborar e recomendar materiais específicos, atendendo ás necesidades dos departamentos.
  • Elaborar modelos de documentos da administración (formularios, cartas, actas, nóminas, facturas, etc.).
  • Asesorar a administración en todo o relacionado coa política lingüística.
  • Colaborar coa administración para determinar os perfís lingüísticos necesarios en cada un dos postos de traballo e colaborar nas probas e procesos selectivos para que se avalíen convenientemente os coñecementos lingüísticos por parte dos/das aspirantes.
Para a cidadanía, empresas, asociacións ou entidades
  • Asesoramento lingüístico.
  • Corrección de textos.
  • Tradución de textos breves.
  • Asesoramento sobre dereitos lingüísticos.
Funcións de dinamización lingüístico

  • Planificar, xestionar, executar e avaliar accións a prol da lingua galega no ámbito de influencia da entidade.
  • Fomentar o emprego do galego no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores de importancia para a súa repercusión social.
  • Planificar e propoñer actividades que conciencien á sociedade respecto ao uso da lingua galega.
Funcións de formación lingüístico

  • Planificar, xestionar, coordinar e difundir a realización de cursos de lingua galega, xerais e específicos, para a poboación en xeral ou para sectores concretos.
  • Difusión de materiais, tanto na propia administración como á cidadanía en xeral, que contribúan á tarefa normalizadora: dereitos lingüísticos, lexislación, recursos lingüísticos que axuden ao traballo en galego, etc.
Tarefas de normalización e dinamización lingüística no ámbito socioeconómico (empresa, comercio e banca)

  • Información sobre iniciativas e axudas para a galeguización do sector socioeconómico por parte das diferentes administracións.
  • Información sobre campañas dinamización lingüística realizadas no concello dirixidas ao ámbito socioeconómico.
  • Información sobre produtos informáticos en galego para as empresas.
  • Información sobre recursos lingüísticos existentes en lingua galega (dicionarios, glosarios, correctores, ligazóns de interese…)
  • Solución a calquera consulta lingüística.
  • Revisión de textos breves das súas campañas publicitarias e rotulación, así como das páxinas web.
  • Asesoramento sobre a elaboración de documentación en galego.
  • Asesoramento sobre lexislación lingüística.
  • Asesoramento para a capacitación lingüística do persoal para acadar unha mellor comunicación co cliente.
Actividades de dinamización lingüística das diferentes administracións e entidades

O Centro de Documentación Sociolingüí­stica de Galicia organiza os XII Encontros para a Normalización Lingüí­stica os días 23 e 24 de setembro de 2010.
Para máis información prema aquí.


Ligazóns de recursos lingüísticos en rede

Dicionarios de galego Outras ligazóns de interese
  • Secretaría Xeral de Política Lingüística: atoparedes información sobre lexislación lingüística, recursos lingüísticos, cursos Celga e de linguaxe administrativa, campañas de normalización e dinamización lingüística…
    http://www.xunta.es/linguagalega
  • Centro de documentación sociolingüística de Galicia: podes obter información sobre todo tipo de documentación relacionada co proceso normalizador.
    http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg
  • Coordinadora de traballadores/as de normalización da lingua: poderás informarte de todas as actividades normalizadoras que se están a levar a cabo.
    http://www.ctnl.org/web/portada.php

O tempo

nublado
vindeiros días

Farmacias

 Horarios

<<< Xullo 2010 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
30
31
 
Eventos do Concello
agenda

destacados

   
 
Concello de Narón - Aviso legal