Desde o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón, dependente da Concellaría de Ensino, poñemos en marcha o 2º Concurso de Monólogos "Que me dis!!".
Este concurso, que ten como obxectivo promover o emprego da lingua galega nas novas tecnoloxías entre a cidadanía, consiste na gravación de monólogos, tanto en formato vídeo coma audio, que serán colgados na páxina web do concello. As únicas condicións son que estean realizados en lingua galega e en clave humorística.
Os premios aos que podedes optar son unha cámara fotográfica, un marco de fotografías dixital e un MP4.
Animámosvos a todos e todas a que vos acheguedes ás novas tecnoloxías para presentar as vosas propostas. E non vos preocupedes porque estamos á vosa disposición para explicarvos como mandalas a través da web. Podedes realizar as vosas consultas no teléfono 981337700 ext 1516 ou 607223794; ou ben consultalo nas bases do concurso na propia web.
Os membros do xurado que emitirán ditame sobre o 2º Concurso de monólogos en lingua galega Que me dis!! son:
Vogais
- Marcos López Balado . Grupo político PP
- María José Rodríguez Porto. Grupo político Grupo Mixto
- Pablo Villamar Díaz. Grupo político BNG
- Catalina María García Blanco. Grupo político PSOE
- Natalia Hermida Rico. Grupo político Terra Galega
Presidenta
- María del Carmen Espada Cortizas. Grupo político Terra Galega
Asesora con voz pero sen voto
- María Adela Pita Permuy. Técnica de normalización lingüística
Os membros do xurado reuniranse o mércores día 5 de outubro e adopatarán o seu ditame que se fará público.
María del Carmen Espada Cortizas
Concelleira de Ensino
|