|
 |
I Concurso de Cartas de Amor "Quérote 2010" |
| |
Desde o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón, dependente da Concellería de Cultura, e coa colaboración da Concellería de Novas Tecnoloxías poñemos en marcha o I Concurso de Cartas de Amor "Quérote 2010" co motivo da celebración do día de San Valentín o 14 de febreiro.
Este concurso consiste na redacción de cartas que teñan como tema o amor en calquera das súas vertentes: amor de parella, a un familiar, amigo, animal, cousa… e deben estar escritas en lingua galega. Así pretendemos fomentar entre a cidadanía de Narón o uso da lingua galega para expresar eses sentimentos tan persoais e íntimos.
¿Por que en galego? A lingua galega é unha lingua de gran beleza e con recursos suficientes para expresar as vivencias, as experiencias, os sentimentos e os soños que gardamos dentro. Termos como amar, avivar, paixón, devecer, agarimo, aloumiñar… ou expresións como querer ben!, querer polos vivires a alguén!, tolear por alguén!, meu carrapucheiriño!... dan boa conta diso.
Animámosvos a todos e todas a que vos acheguedes ás novas tecnoloxías para presentar as vosas cartas. E non vos preocupedes porque estamos á vosa disposición para explicarvos como mandalas a través da web. Podedes realizar as vosas consultas no teléfono 981337700 ext 1516 ou 607223794 (Adela); ou ben consultalo nas bases do concurso na propia web.
| Guillermo Sánchez Fojo Concelleiro de Cultura | Paloma González Cuevas Concelleira de Novas Tecnoloxías | | | | | | Ver bases do concurso |
NOTA: A entrega de premios do I Concurso de Cartas de Amor “Quérote 2010” nun principio estaba prevista para o día venres 12 de febreiro de 2010 ás 12:00 horas, pero debido a que a esa hora se vai realizar no Concello de Narón un Pleno Extraordinario, a entrega de premios realizarase o día 16 de febreiro.
Comunicaráselles ás persoas participantes no concurso a hora de celebración deste acto.
|
 |
As gañadoras son:
| 1º premio: E o tempo pasa |  |
| 2º premio: Etérea dulcamara |  |
| 3º premio: Xa vai unha década |  |
|
Resto de cartas participantes:
| 9 Crímenes |  |
| A miña gata Curra |  |
| Apertando o ar |  |
| Ata mañán |  |
| Cariño |  |
| Caro pouco de corazón |  |
| Carta de amor Carlitos |  |
| Miña alma |  |
| Para ti, soamente para ti |  |
| Princesa dun príncipe que non chegará |  |
| Querido |  |
| Quérote 2010 |  |
| Quérote desde antes de coñecerte |  |
| Xa non che quero |  |
|
|
|
| L | M | M | X | V | S | D |
|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | | 12 | | | | | | | | 20 | 21 | | 23 | 24 | | | 27 | 28 | 29 | 30 | | |
|