Español
Entrada a Naronmail
 

Novas
 
PERIODO VACACIONAL DO ALCALDE DO CONCELLO
D. José Manuel Blanco Suárez, Primeiro Tenente de Alcalde o sustitúe durante o mes de agosto.
Nos próximos días o boletín oficial da provincia de A Coruña recollerá o decreto da delegación da Alcaldía-Presidencia do Concello efectuada polo titular deste órgano, D. Juan Gato Díaz, en favor do Primeiro Tenente de Alcalde e Concelleiro de Urbanismo, D. José Manuel Blanco Suárez.

De acordo coa Lei de bases de réximen local e o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, nos supostos de ausencia ou enfermidade do Alcalde, éste será sustituído polo Tenente de Alcalde.

Ata o 31 de agosto o Sr. Blanco Suárez exercerá a totalidade das funcións - incluída a sinatura de resolucións e demais documentación administrativa - propias do rexedor naronés.



Últimas novasu Tódalas novas
   
 
Concello de Narón - Aviso legal