Español
Entrada a Naronmail
 

Novas
 
INICIADO O PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN DA URBANIZACIÓN DA RÚA DE NOVA APERTURA NAS VIÑAS
O procedemento de contratación por concurso será adxudicado unha vez se obteña a titularidade de todo los terreos afectados, suxectos ao remate dun expediente expropiatorio.
Con esta urbanización preténdese dotar de servizos e abrir unha rúa de nova apertura próxima ás Viñas na parroquia naronesa de O Couto.

Trátase dunha zona en clara expansión urbana na que se están a executar importantes asentamentos residenciais que contrastan co carácter semi rural de boa parte deste territorio.

O importe estimado deste proxecto alcanza os 227.956,09 euros e, unha vez se produza a súa efectiva contratación, o prazo da actuación fíxase en seis meses.




Últimas novasu Tódalas novas
   
 
Concello de Narón - Aviso legal