 A Alcaldía do Concello convocou para o vindeiro mércores, día vintenove ás once horas, unha sesión plenaria de carácter extraordinario na que se debatirán dous asuntos da máxima urxencia.Os dous puntos que se abordarán son os seguintes:
1. PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DO CONTRATO DE XESTIÓN DO SERVIZO DE APARCAMENTO PÚBLICO NA PRAZA DE GALICIA NO CONCELLO DE NARÓN, POR CONCESIÓN ADMINISTRATIVA.-
Neste punto se debatirá a aplicación da nova tarifación imposta pola Lei 44/2006, do 29 de decembro, de mellora da protección dos consumidores e usuarios que, pola súa banda, introduce diversas modificacións no texto da Lei 40/2002, do 14 de novembro reguladora do Contrato de Aparcamento de Vehículos. De acordo con estas previsións, o prezo do aparcamento se pactará por minuto de estacionamento, sen posibilidade de redondeos a unidades de tempo non efectivamente consumidas ou utilizadas.
2.- PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DA EXPLOTACIÓN DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE A GÁNDARA MEDIANTE CONCESIÓN ADMINISTRATIVA NO CONCELLO DE NARÓN.-
Neste punto decidirase a adxudicación da xestión da terceira escola infantil municipal, sita na Gándara en atención ao sinalado nos informes emitidos polos técnicos municipais.
|