Español
Entrada a Naronmail
 

Novas
 
CONCENTRACIÓN SOLIDARIA CONTRA O ÚLTIMO ATENTADO DA BANDA TERRORISTA ETA
Narón, luns 10 de Marzo de 2008.- Funcionarios e Representantes municipais do Concello de Narón, encabezados polo Alcalde, Xoán Gato, déronse cita ás 12:00 horas de hoxe na porta principal da Casa Consistorial. Alí, o rexidor instou ós asistentes a gardar cinco minutos de silencio, en repulsa polo último atentado da banda terrorista ETA, cometido o pasado 7 de Marzo e que costou a vida ó exconcelleiro do PSOE Isaías Carrasco.
A concentración solidaria rematou cun longo aprauso dos presentes, en solidaridade coa familia do asasinado.



Últimas novasu Tódalas novas
   
 
Concello de Narón - Aviso legal