Español
Entrada a Naronmail
 

Novas
 
A CONCELLERÍA DE NOVAS TECNOLOXÍAS INICIA EN PEDROSO OS CURSOS DE INTERNET NO RURAL
Un centenar de veciños asistirán ás clases, que se celebran tamén nas parroquias de Castro, O Val, San Xiao e Sedes.
Narón, 26 de Xuño de 2008.- A Concelleira de Novas Tecnoloxías de Narón, Paloma González Cuevas, ven de anunciar o inicio no día de hoxe do Programa de Cursos de Internet no Rural, co que o goberno municipal pretende extender o uso das novas tecnoloxías ás parroquias máis diseminadas do centro urbán de Narón.

En total inscribíronse 92 alumnos ó curso de Iniciación á Informática, dirixido a persoas que non tiveron contacto previo cos ordenadores. As clases se impartirán nos locais sociais municipais das seguintes parroquias: Pedroso, O Val, Castro, San Xiao e Sedes.

En cada unha destas asociacións se instalarán ordenadores portátiles –un por cada alumno- co fin de que os inscritos poidan familiarizarse en primeira persoa coas novas tecnoloxías, e adquirir os primeiros coñecementos para poder navegar por Internet.

Os cursos teñen unha duración de 10 horas (repartidas en 7 clases de 90 minutos cada unha), e se levarán a cabo como sigue:

-Pedroso: primeiro grupo: días 26 de xuño, e 1, 3, 8, 9, 10, e 14 de xullo. Segundo grupo: días 15, 16, 17, 21, 23, 28 e 30 de xullo. Ambos en horario de 20 a 21:30 horas. a cabo nos seguintes horarios:


-Sedes: días 27 e 30 de xuño, e 2, 4, 7, 11 e 18 de xullo. Horario: de 20 a 21:30 horas. 10 persoas inscritas.

-O Val: días 1, 3, 8, 10, 15, 17 e 18 de xullo. Establecéronse dos turnos: de mañá (10:30 a 12 horas) e de tarde (18 a 19:30 horas).

-Castro: días 2, 4, 7, 9, 11, 14, e 16 de xullo. Dous turnos: de 16 a 17:30 horas, e de 18 a 19:30 horas.

-San Xiao: días 21, 22, 23, 24, 28, 29 e 30 de xullo. Dous turnos: de 16 a 17:30 horas, e de 18 a 19:30 horas.


A Concelleira de Formación, Emprego e Novas Tecnoloxías, Paloma González Cuevas, visitará cada un destes cursos co fin de saudar ós asistentes e comprobar a utilidade dos mesmos, que en setembro se complementarán con outro de Perfeccionamento no uso de ordenadores (ata agora, hai 32 solicitudes para este último)



Últimas novasu Tódalas novas
   
 
Concello de Narón - Aviso legal