Español
Entrada a Naronmail
 

Novas
 
ARRANCA O PRIMEIRO FIN DE SEMANA TECNOLÓXICO 'NARONLINE 2008'
Se celebra este fin de semana de xeito ininterrumpido, na Praza de Galicia.
Narón, 18 de Xullo de 2008.- O Concello de Narón inaugurou esta tarde o primeiro Fin de Semana Tecnolóxico ‘Naronline 2008’, que se celebrará ata o domingo 20 de Xullo nunha carpa instalada na Praza de Galicia. O evento consta de varias partes diferenciadas, que son as seguintes:

-Concentración de internautas (coñecida como Party Informática) na que os participantes, unha vez inscritos poden navegar por Internet a grandes velocidades e de xeito gratuito, gracias ás conexións instaladas neste lugar. Tamén poden realizar competicións de videoxogos e intercambiar archivos.

-Aula de alfabetización dixital, con 30 postos informáticos, aberta a tódolos veciños de Narón e comarca. Neste espacio, os interesados poden recibir as primeiras nocións informáticas para poder manexar os ordenadores, e aprender a navegar por Internet.

-Ciclo de conferencias sobre o futuro das telecomunicacións e as novas tecnoloxías, dirixidas ós empresarios e ós cidadáns en xeral.

Ademáis, Naronline inclúe 13.000 euros en premios tecnolóxicos, aportados na súa maioría por firmas comerciais. Pódese consultar a lista de premios na web www.naronline.es

O obxectivo de Naronline, inaugurado esta tarde polo Alcalde de Narón, Xoán Gato, e a Concelleira de Promoción Económica, Angeles Díaz, é achegar as novas tecnoloxías a tódolos veciños de Narón.

Más fotos de la noticia
Os participantes poden inscribirse na propia carpa da Praza de Galicia
Os participantes poden inscribirse na propia carpa da Praza de Galicia
O Alcalde de Narón, probando unha das consolas instaladas na carpa
O Alcalde de Narón, probando unha das consolas instaladas na carpa


Últimas novasu Tódalas novas
   
 
Concello de Narón - Aviso legal