Concello de Narón
Español
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón
Turismo
Servizo de Normalización Lingüística
Do berce a rúa
Fotos de Narón
Educación viaria
Novas
 
O CONCELLO INICIA OS TRÁMITES PARA CONSTITUÍR A UNIDADE DE MANTEMENTO DO POLÍGONO RÍO DO POZO
O CONCELLO INICIA OS TRÃMITES PARA CONSTITUÃR A UNIDADE DE MANTEMENTO DO POLÃGONO RÃO DO POZO
A Concelleira de Promoción e Xestión de Polígonos Industriais e Promoción Económica, Ángeles Díaz, anunciou en rolda de prensa que o Concello vai iniciar os trámites para constituír a unidade de mantemento do polígono Río do Pozo. Esta unidade ten como finalidade xestionar o adecuado uso dos elementos comúns do polígono, así como o establecemento dos servizos que este precise e non sexan municipais. A unidade terá encomendada a xestión da totalidade das parcelas activas do polígono, actualmente 519, repartidas deste xeito: 202 no sector 1, 4 no sector 2 (entre elas Inditex e Maderas del Noroeste), 67 no sector 3, e 146 no sector 4. En total, 1.677.366 m² de solo industrial ó seu cargo.

O Concello baralla un orzamento inicial para esta unidade de 215.000€ anuais, repartidos entre varias necesidades: seguridade e vixilancia, administración (persoal e material), seguro de Responsabilidade Civil, aluguer dun local mentres non teña un propio, cuotas a posibles organismos afines como confederacións e federacións e gastos correntes. Ese orzamento deberá ser asumido por cada unha das empresas asentadas no polígono, e tamén polo Concello e o SEPES, na parte proporcional de chan industrial que ocupen.

O trámite inclúe levar a proposta a Comisión, elevala ó Pleno, exposición pública de vinte días e posibles alegacións. Ángeles Díaz estima un prazo mínimo de tres meses para que a unidade poida constituírse. A Edila expresou o seu agradecemento a Ramón Sas, presidente da Asociación de Empresarios Río do Pozo, pola súa axuda na recopilación de documentación que facilitou moito a elaboración da proposta.


Outros proxectos de mellora


Ademais da creación da unidade de mantemento, o Concello está a dar pasos para eliminar todas as posibles carencias dos seus polígonos. Aproveitando a resolución da Secretaría Xeral de Industria de 28/10/2008, o Consistorio naronés solicitará unha subvención para a pavimentación de toda a infraestrutura viaria do Polígono do Río do Pozo.

En virtude dun convenio coa Asociación de Empresarios de Ferrolterra para mellorar as entidades empresariais de Narón, tivo lugar unha reunión entre o Concello, a Policía Local, a Policía Nacional e representantes da AEF, onde se falou do anteproxecto para dotar de seguridade e sinalización ós tres polígonos de Narón: Río do Pozo, As Lagoas e a Gándara. Actualmente as labores de seguridade son levadas a cabo por axentes da Policía Local, pero o Concello estuda nestes momentos a implantación de cámaras de seguridade ou de un servizo de seguridade privada, principalmente como método disuasorio.

Por outra banda, o Concello mantén contactos con Ferrol para atopar unha solución ós problemas de tráfico que se dan no Polígono de A Gándara, e traballa na sinalización e a conexión viaria total do Polígono das Lagoas.

Ángeles Díaz afirmou que estes problemas nos que están a traballar serán solucionados e que, desa maneira, desaparecerán as deficiencias actuais dos polígonos industriais de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

O tempo

nublado
vindeiros días

Farmacias

 Horarios

<<< Febreiro 2012 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
15
17
18
19
21
22
24
25
26
27
28
29
 
Eventos do Concello
agenda

destacados

Oficina virtual Teléfonos municipáis Persoal - Oposicións Ordenanzas municipáis Perfil do Contratante Padrón Municipal Subvencións Orzamentos municipáis 2012 Solicitude da tarxeta sanitaria europea Solicitude da tarxeta sanitaria europea Narón: terra de futuro naronroda
   
 
Concello de Narón - Aviso legal