Concello de Narón
Español
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón
Turismo
Servizo de Normalización Lingüística
Do berce a rúa
Fotos de Narón
Educación viaria
Novas
 
A XEFA DE SERVIZO DE ARQUIVOS DA XUNTA VISITA O ARQUIVO MUNICIPAL
A XEFA DE SERVIZO DE ARQUIVOS DA XUNTA VISITA O ARQUIVO MUNICIPAL
Marina García revisou o novo sistema de compactación, subvencionado nun 50% polo goberno autonómico
A Concelleira de Novas Tecnoloxías, Paloma González, acompañada polo responsable do Arquivo Municipal, recibiron a xefa de servizo de Arquivos da Consellería de Cultura, Marina García Pita, nunha visita motivada polo fin das obras de compactación do arquivo municipal, subvencionadas nun 50% pola Xunta de Galicia e noutro 50% polo propio Concello. Marina García revisou as melloras acometidas, mostrándose satisfeita co resultado.

A actuación consistiu na instalación dun sistema de armarios móbiles a través de raíl, que permitirá contar con 1.500 metros lineais de baldas por cada 100 metros cadrados, solucionando de xeito instantáneo o problema de espazo do arquivo municipal, e garantindo o crecemento do mesmo durante os vindeiros anos. Esta actuación se completará no futuro coa colocación dun novo sistema de iluminación e a creación dunha zona de consulta de expedientes e documentación.

Paloma Cuevas informou a Marina García das actividades que se están a desenvolver no Concello en relación á documentación, como o proxecto de conformación do arquivo histórico de fotografías na páxina web www.arquinaron.es, a integración da faceta histórica nas charlas de educación viaria ou o próximo proxecto de dixitalización que ten previsto o Concello, subvencionado parcialmente polo Ministerio de Administracións Públicas. A Edila popular trasladoulle tamén a Marina García, a necesidade de persoal para encarar esta dixitalización e as numerosas tarefas que estanse a levar a cabo no arquivo.

A Concelleira de Novas Tecnoloxías, declarou a súa satisfacción polo estrito cumprimento do Concello nestas obras, tanto nos prazos, como no proxecto acometido, e mostrouse confiada en que esta demostración de transparencia na administración local logre máis axudas no futuro.



Últimas novasu Tódalas novas

O tempo

nublado
vindeiros días

Farmacias

 Horarios

<<< Febreiro 2012 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
15
17
18
19
21
22
24
25
26
27
28
29
 
Eventos do Concello
agenda

destacados

Oficina virtual Teléfonos municipáis Persoal - Oposicións Ordenanzas municipáis Perfil do Contratante Padrón Municipal Subvencións Orzamentos municipáis 2012 Solicitude da tarxeta sanitaria europea Solicitude da tarxeta sanitaria europea Narón: terra de futuro naronroda
   
 
Concello de Narón - Aviso legal