Concello de Narón
Español
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón
Turismo
Servizo de Normalización Lingüística
Do berce a rúa
Fotos de Narón
Educación viaria
Novas
 
FIRMADO UN CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO E A ASOCIACION DE COMERCIANTES DE NARON
FIRMADO UN CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO E A ASOCIACION DE COMERCIANTES DE NARON
O acordo permitirá elaborar unha Guía do Comercio de Narón
Narón, 23 de Marzo de 2009.- A Concelleira de Promoción Económica de Narón, Angeles Díaz Pardo, firmou hoxe un convenio de colaboración co presidente da Asociación de Comerciantes de Narón, Ricardo Pereira. O obxectivo deste acordo é a elaboración dunha Guía do Comercio de Narón, para o cal a asociación comprométese a impulsar a participación dos comerciantes de Narón nesta publicación, que persigue publicitar e dar a coñecer o comercio naronés dentro e fora do Concello. A cambio, a citada asociación recibirá unha achega de 3.000 euros procedentes do Concello.

Segundo recolle o texto do convenio, a Asociación de Comerciantes de Narón comprométese a difundir, informar e asesorar ós seus socios e ó resto de comerciantes do municipio co fin de conquerir a máxima implicación e participación dos mesmos na elaboración desta Guía.

A Guía do Comercio de Narón servirá para actualizar e mellorar a información sobre o sector comercial da cidade, deseñar medidas de acción a adoptar polo Concello e outras institucións, aportar información sobre os clientes reais e potenciais, e deseñar unha ferramenta informática interactiva para a posta en marcha de novos establecementos comerciais, e mellorar os existentes.

Na firma do convenio tamén estivo presente o Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, quen comentou que esta acción é “un paso máis de colaboración co movemento asociativo deste municipio. A nosa idea é colaborar con tódalas asociacións”, dixo citando como exemplo outro convenio firmado a pasada semana no Concello, neste caso coa Asociación de Empresarios de Ferrolterrra (AEF) para a mellora da seguridade e sinalización dos polígonos industriais de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

O tempo

nublado
vindeiros días

Farmacias

 Horarios

<<< Febreiro 2012 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
15
17
18
19
21
22
24
25
26
27
28
29
 
Eventos do Concello
agenda

destacados

Oficina virtual Teléfonos municipáis Persoal - Oposicións Ordenanzas municipáis Perfil do Contratante Padrón Municipal Subvencións Orzamentos municipáis 2012 Solicitude da tarxeta sanitaria europea Solicitude da tarxeta sanitaria europea Narón: terra de futuro naronroda
   
 
Concello de Narón - Aviso legal