Concello de Narón
Español
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón
Turismo
Servizo de Normalización Lingüística
Do berce a rúa
Fotos de Narón
Educación viaria
Novas
 
PROGRAMA DE OCIO INFANTIL "A LUDOTECA NA COMUNIDADE"
PROGRAMA DE OCIO INFANTIL
Se desenvolve en Agosto en distintos barrios de Narón, e poden participar nen@s, pais e nais.
Narón, 10 de Agosto de 2009.- A Concellería de Infancia de Narón, dirixida polo edil Miguel Hermida e da que forma parte a Ludoteca municipal de A Solaina, levará a cabo durante o mes de agosto o programa “A ludoteca na comunidade”. Trátase dunha iniciativa na que poderán participar nen@s de entre 3 e 12 anos de idade e as súas familias, que os axudarán na realización das actividades propostas.

O programa en cuestión consistirá na realización de actividades con material de refugallo, fundamentalmente caixas de cartón, coas que se realizarán diferentes construccións como casas, decorados, castelos e castros. Para materializar estas propostas, os participantes deberán contar coa axuda dos seus pais/nais, avós e/ou outros membros da familia.

O Concello pretende así achegar a ludoteca á comunidade e promover a participación dos nenos e nenas, ademáis das súas familias. Tamén búscase ofrecer novas alternativas de ocio e tempo libre para os máis pequenos durante o verán, e ofrecer á comunidade o acceso ó xogo educativo, diverso e enriquecedor.

A práctica destos xogos grupais favorece, ademáis, a socialización dos participantes, o fomento dos hábitos de convivencia e a diversión compartida. Trátase tamén dunha nova forma de relación entre pais, nais e fillos/as, a través da cooperación e os traballos grupais, facendo incapé no respeto ó medioambente a través da reciclaxe.

Ademáis do obradoiro de construcción de xoguetes con caixas de cartón, o programa de “A ludoteca na comunidade” inclúe a realización de xogos tradicionais, coma o pano, saltar á corda ou á chapa.

Tódalas actividades son gratuitas e non fai falla preinscripción para participar nelas. O horario previsto é de 11:30 a 13:00 horas, e as datas e lugares de realización son os seguintes:

Mércores 12 de agosto: Parque da Constitución (Santa Icía).

Martes 18 de agosto: Parque das Vivendas da Mariña (Virxe do Mar).

Xoves 20 de agosto: Pista de A Solaina (xunto á Escola Infantil Municipal).

Martes 25 de agosto: Praza da Gándara.

Luns 31 de agosto: Praza de Galicia.



Últimas novasu Tódalas novas

O tempo

nublado
vindeiros días

Farmacias

 Horarios

<<< Febreiro 2012 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
15
17
18
19
21
22
24
25
26
27
28
29
 
Eventos do Concello
agenda

destacados

Oficina virtual Teléfonos municipáis Persoal - Oposicións Ordenanzas municipáis Perfil do Contratante Padrón Municipal Subvencións Orzamentos municipáis 2012 Solicitude da tarxeta sanitaria europea Solicitude da tarxeta sanitaria europea Narón: terra de futuro naronroda
   
 
Concello de Narón - Aviso legal