Concello de Narón
Español
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón
Turismo
Servizo de Normalización Lingüística
Do berce a rúa
Fotos de Narón
Educación viaria
Novas
 
PROGRAMA DE ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS E DE TEMPO LIBRE PROMOVIDAS POLO CONCELLO
PROGRAMA DE ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS E DE TEMPO LIBRE PROMOVIDAS POLO CONCELLO
Están dirixidas a rapaces/as a partir de 10 anos de idade
Narón, 10 de Novembro de 2009.- O local da asociación xuvenil de tempo libre Croio (situado na rúa Reis Católicos, nº5-7, 2º, en Santa Icía) acollerá mañá ás 20:00 horas a presentación do programa de actividades das Escolas Deportivas de Tempo Libre do Padroado de Deportes, así como as actividades municipais medioambientais programadas para o curso 2009-2010, que organiza esta asociación.

As actividades están dirixidas a rapaces/as a partir de 10 anos de idade, de Narón e bisbarra. Para participar nas mesmas é obrigatorio estar matriculado nas Escolas Deportivas de Tempo Libre do Padroado de Deportes do Concello de Narón. O prezo da matrícula é de 39,40 euros/ano (inclúe un seguro de accidente) e se formalizará unha vez realizada a primeira actividade programada para esta temporada (unha Rota polo Río Aceiteiro).

A oferta municipal de actividades de tempo libre 2009-2010 é a seguinte:


Novembro 2009: Rota de sendeirismo polo Río Aceiteiro.
Lugar: San Sadurniño
Data: sábado 21 de novembro.
Medio de transporte: tren de FEVE (2.95€ ida e volta)

Decembro 2009: Cea de Fin de Ano.
Lugar: Local da Asociación Croio.
Data: sábado 19 de decembro.

Xaneiro 2010: Rota de sendeirismo polo Río Xuvia.
Lugar: Narón
Data: sábado 30 de xaneiro.
Medio de transporte: tren de FEVE (2,20€ aprox. Ida ata Pedroso-Volta dende Xuvia).


Febreiro 2010: Saída ós Picos de Europa.
Lugar: Potes (Cantabria)
Datas: 12, 13, 14 e 15 de febreiro.
Prezo: 130 euros (Inclúe aloxamento e pensión completa en hostal)

Marzo 2010: Rota de sendeirismo.
Lugar: Estaca de Vares.
Data: sábado 27 de marzo (Pendente de permiso de aloxamento por parte da Dirección de FEVE na Estación do Barqueiro, e facer o regreso o domingo dia 28).
Medio de transporte: tren do FEVE (8,10€ ida e volta)

Abril 2010: Rota costeira de sendeirismo.
Lugar: Cabo Vilán (Camariñas)
Data: sábado 10 de abril.
Prezo: 18 euros (autocar)

Maio 2010: Rota de sendeirismo (Subida ó Monte de San Roque)
Lugar: Viveiro (Lugo)
Data: sábado 8 de maio.
Medio de transporte: tren do FEVE (10,45€ ida e volta)

Xuño 2010: Celebración do Día Mundial do Medio Ambiente
Lugar: Area recreativa do Muiño de Pedroso
Datas venres 4 e sábado 5 de xuño.
Prezo: pendente do coste do aloxamento e manutención.

Xuño 2010: Marcha cicloturista con acampada de fin de semana
Lugar: Vilarrube (Valdoviño)
Datas: sábado 26 e domingo 27 de xuño.
Prezo: pendente do coste do aloxamento e manutención.

Xullo 2010: Celebración do aniversario da Asociación Croio.
Haberá unha comida, entrega de trofeos alegóricos e carnés ós novos socios.
Lugar: local da asociación, ou restaurante próximo.
Data: sábado 17 de xullo.

Agosto 2010: Campamento de verán 2010.
Lugar: Albergue do Colexio Abrente (Portonovo).
Datas: 2ª quincena de xullo ou 1ª quincena de agosto.
Días de duración: de 11 a 14 días.
Prezo estimado: 350-370 € (o pago se fraccionaría dende o mes de febreiro ata xullo para aqueles que se acollan a esta opción)
Inclúe: aloxamento con pensión completa en albergue:
Medio de transporte: Autocar (Narón-Portonovo) e Barco (Baiona-Illas Cíes)

Calendario dos obradoiros do programa medioambiental:

Ano 2009: 25 de novembro, e 16 de decembro
Ano 2010: 27 de xaneiro, 9 de febreiro, 10 de marzo, 28 de abril, 19 de maio, e 4 e 5 de xuño.

Os obradoiros realizaranse no local da Asociación Croio, en horario de 18 a 21 horas. Os traballos a realizar consistirán na construcción de caixas aniñadoiros, trofeos alegóricos da Asociación, e un cadro cos anagramas de Croio e do Concello de Narón.

Todo o material (ferramentas, útiles de traballo, etc…) facilitarase gratuitamente pola Asociación, e quedará en propiedade do socio/a. Cada un deles realizará un traballo acerca dunha especie arbórea. A elección da especie farase por sorteo o día 25 de novembro, e o traballo entregarase o día 30 de xuño. Incluirase no inventario de árbores de Narón que esta Asociación está a realizar, a partires dun convenio de colaboración coa Concellería de Medioambiente do Concello de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

O tempo

nublado
vindeiros días

Farmacias

 Horarios

<<< Febreiro 2012 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
15
17
18
19
21
22
24
25
26
27
28
29
 
Eventos do Concello
agenda

destacados

Oficina virtual Teléfonos municipáis Persoal - Oposicións Ordenanzas municipáis Perfil do Contratante Padrón Municipal Subvencións Orzamentos municipáis 2012 Solicitude da tarxeta sanitaria europea Solicitude da tarxeta sanitaria europea Narón: terra de futuro naronroda
   
 
Concello de Narón - Aviso legal