Concello de Narón
Español
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón
Turismo
Servizo de Normalización Lingüística
Do berce a rúa
Fotos de Narón
Educación viaria
Novas
 
A AUTORIDADE PORTUARIA E O CONCELLO ACORDAN AMPLIAR O PANTALÁN DE A GÁNDARA
A AUTORIDADE PORTUARIA E O CONCELLO ACORDAN AMPLIAR O PANTALÃN DE A GÃNDARA
As novas instalacións darán servizo tamén ó Clube de Remo de Narón
Narón, 1 de Decembro de 2009.- A Alcaldesa accidental de Narón, Angeles Díaz Pardo, reuniuse hoxe co presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao (APFSC), Angel del Real, para falar de diversas actuacións pendentes de realizar no termo municipal de Narón. Na xuntanza, celebrada en Ferrol, tamén estivo presente o director da Autoridade Portuaria de Ferrol, Emilio García.

Entre os acordos sinalados na reunión de hoxe, destaca o compromiso da Autoridade Portuaria de retirar un cobertizo situado en O Salto, que antiguamente fora empregado coma embarcadeiro da parroquia de O Couto. Actualmente atópase en desuso polo que se suprimirá de maneira inmediata para evitar posibles danos que puidese causar o seu ruinoso estado de conservación.

Angel del Real tamén comprometeuse con Angeles Díaz á retirada do pantalán de Xuvia, instalado pola Autoridade Portuaria en octubre de 1997, e cuio embarque sitúase no paseo de Xuvia, frente á empresa siderúrxica Megasa. A instalación atópase en avanzado estado de deterioro, polo que se procederá nos vindeiros días á súa supresión e se construirá unha nova pasarela ubicada nesa zona.

Finalmente, nesta reunión se falou sobre o pantalán de A Gándara, instalado pola Autoridade Portuaria no ano 1995 para dar servizo á flota marisqueira da Cofradía de Ferrol que faena no banco de As Pías. Ante o deterioro sufrido por esta pasarela nos últimos anos, a APFSC realizou unha renovación integral desta instalación na primaveira deste ano 2009, alargando a súa superficie e reforzando a estructura.

Durante as obras de acondicionamento do acceso ó pantalán, instalouse unha tubería para permitir o fluxo das augas coa marea alta. Angeles Díaz explicoulle ó presidente da APFSC que este pantalán tamén é empregado polo Clube de Remo de Narón, polo que acordouse a colocación no vindeiro mes de xaneiro do 2010 dunha plataforma horizontal ó final do pantalán (en forma de T), co fin de compatibilizar o seu uso por parte dos mariscadores e do Clube de Remo. Asimesmo, Angel del Real comprometeuse a que fose a Autoridade Portuaria a que mantivese limpo o tubo de comunicación das augas.

A Alcaldesa accidental valorou positivamente os compromisos acadados coa Autoridade Portuaria, quen deixa así solventados os problemas que existían na zona marítima de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

O tempo

nublado
vindeiros días

Farmacias

 Horarios

<<< Febreiro 2012 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
15
17
18
19
21
22
24
25
26
27
28
29
 
Eventos do Concello
agenda

destacados

Oficina virtual Teléfonos municipáis Persoal - Oposicións Ordenanzas municipáis Perfil do Contratante Padrón Municipal Subvencións Orzamentos municipáis 2012 Solicitude da tarxeta sanitaria europea Solicitude da tarxeta sanitaria europea Narón: terra de futuro naronroda
   
 
Concello de Narón - Aviso legal