Concello de Narón
Español
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón
Turismo
Servizo de Normalización Lingüística
Do berce a rúa
Fotos de Narón
Educación viaria
Novas
 
O CONCELLO ORGANIZA UN CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS PARA BEBÉS E NENOS
O CONCELLO ORGANIZA UN CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS PARA BEBÉS E NENOS
Está dirixido a pais e nais, que poden inscribirse na EIM de A Gándara
Narón, 4 de Decembro de 2009.- A Concellería de Infancia de Narón, dirixida por Miguel Hermida, organizará na Escola Infantil Municipal (EIM) de A Gándara un curso de primeiros auxilios para bebés e nenos/as, de 10 horas de duración, en colaboración coa Cruz Roja. Terá lugar os días 9, 10, 11, 16 e 17 de Decembro –en clases de duas horas- e poderán asistir os proxenitores de nenos escolarizados neste centro, pero tamén está aberto á participación do resto de pais e nais con fillos en idade infantil.

No curso haberá 20 prazas dispoñibles, e as inscripcións poden realizarse na propia Escola Infantil de A Gándara, ou ben nos Servizos Sociais do Concello (situados no 1º andar). “Trátase dunha experiencia pionera na atencións ós máis pequenos e tamén ás súas familias, xa que con esta formación estamos a ofrecerlles uns coñecementos que poden chegar a salvar vidas”, declarou o edil de Infancia, Miguel Hermida.

O obxectivo principal do curso é proporcional os coñecementos máis elementais para aprender a prevenir accidentes, aplicar procedementos e técnicas axeitadas en autoprotección e soporte ós primeiros auxilios, e identificar e resolver situacións de urxencia vital.

O programa do curso de Primeiros auxilios para bebés e nenos é o seguinte:
1. Características especiais na atención a nenos.
2. Cadena de supervivencia.
3. Pautas de actuación ante unha situación de emerxencia.
4. Paro cardiorrespiratorio en pediatría.
5. Valoración: triángulo de valoración pediátrica.
6. Soporte vital básico. Algoritmo universal, adecuación para bebé e nenos. Secuencia de actuación. Posición lateral de seguridade.
7. Exploración secundaria.
8. Primeiros auxilios ante:
Obstrucción por vía aérea por corpo extraño
Hemorraxias e shock
Feridas
Quemaduras
Traumatismos
Patoloxías pediátricas máis frecuentes



Últimas novasu Tódalas novas

O tempo

nublado
vindeiros días

Farmacias

 Horarios

<<< Febreiro 2012 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
15
17
18
19
21
22
24
25
26
27
28
29
 
Eventos do Concello
agenda

destacados

Oficina virtual Teléfonos municipáis Persoal - Oposicións Ordenanzas municipáis Perfil do Contratante Padrón Municipal Subvencións Orzamentos municipáis 2012 Solicitude da tarxeta sanitaria europea Solicitude da tarxeta sanitaria europea Narón: terra de futuro naronroda
   
 
Concello de Narón - Aviso legal