Concello de Narón
Español
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón
Turismo
Servizo de Normalización Lingüística
Do berce a rúa
Fotos de Narón
Educación viaria
Novas
 
O CONCELLO INVESTIRÁ MÁIS DE 750.000 EUROS NO BARRIO DE PIÑEIROS
O CONCELLO INVESTIRà MÃIS DE 750.000 EUROS NO BARRIO DE PIÑEIROS
Entre as actuacións previstas inclúese a reforma do Local Social, e a reurbanización das rúas Rio Seco, San Pedro, Vespasante, Foxo, San Benigno e o Camiño Real.
Narón, 3 de Marzo de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, reuníuse onte coa directiva da Asociación de Veciños de Piñeiros dentro da rolda de contactos que está a manter co movemento veciñal de tódalas parroquias. O rexedor aproveitou a xuntanza para informarlles das inversións, obras e servizos que levará a cabo o Concello durante o ano 2010 neste barrio.

Así, o goberno municipal ten previsto realizar actuacións nos seguintes lugares: Camiño Real, rúa Rio Seco, rúa San Pedro, rúa Vespasante, rúa Foxo, rúa San Benigno, e local social de Piñeiros. En total, as inversións contempladas suman 758.022 euros.

No Camiño Real levarase a cabo unha obra de pavimentación de 520 metros, comprendidos entre a vía de FEVE e os institutos, incluíndo tamén as rúas transversais. O prazo de execución dos traballos é de dous meses, e o orzamento previsto ascende a 23.661 euros. Tamén nas rúas Río Seco e San Pedro levarase a cabo a renovación do aglomerado, investindo entre as dúas un total de 13.347€.

Outra das actuacións contempladas neste proxecto de urbanización do barrio de Piñeiros é a reposición das instalacións de abastecemento, saneamento e pluviais da rúa Río Vespasante, presupostada en 183.362 euros. Aquí está prevista a renovación da rede e acometidas de abastecemento e saneamento, a instalación da rede de pluviais, a substitución da plaqueta das beirarrúas por outro modelo similar ó da Estrada de Castela e adaptación das mesmas á normativa de accesibilidade para minusválidos, e a renovación da sinalización vertical e horizontal da rúa. O prazo de execución é de tres meses.

Na rúa Rio Foxo, o Concello proxecta unha actuación similar, repoñendo as instalacións de abastecemento, saneamento e pluviais da mesma, sustituíndo a plaqueta e renovando a sinalización vertical e horizontal da rúa. A obra conta cun orzamento de 149.904 euros e un prazo de execución de tres meses.

A reforma do local social de Piñeiros é outra das actuacións que levará a cabo o Concello neste barrio, cunha inversión de 295.351 euros e un prazo de execución de 6 meses. As obras teñen como finalidade a reparación, reordenación do espazo e melloras de accesibilidade neste local, construido fai 25 anos e que actualmente alberga numerosas asociacións e diversas actividades, que fan necesarias estas reformas. O edificio ocupa en planta 320 metros cadrados, repartido en dúas prantas e baixo cuberta.

Na pranta baixa, realizarase unha nova distribución do espazo, cambiando o ambigú e o emplazamento de aseos, almacéns e novos locales para actividades , demolendo as actuais escaleiras para construir unhas novas e instalar un ascensor. Na primeira pranta se executarán labores de mantemento, pavimentos, alicatados e revestementos, habilitando tamén novas escaleiras para acceder ó baixo cuberta. Neste piso se eliminarán as claraboyas e se construirá unha nova cuberta sinxela de chapa lacada, e se colocarán novos canalóns exteriores.

No exterior do edificio se demolerá a actual rampa, que non responde ás necesidades iniciais, en un futuro se ubicará neste lugar un parque infantil ou biosaludable –aínda por decidir- e se repararán as beirarrúas. Tamén se levará a cabo no exterior do edificio un tratamento de monocapa e pintura xeral. A actuación complétase cun novo alumeado, a instalación dun sistema de alarma, a colocación dunha rede de comunicacións, e a construcción de carpintería interior de madera.

Finalmente, a última actuación contemplada polo Concello nesta parroquia é a reposición de instalacións de abastecemento, saneamento e pluviais da rúa San Benigno, presupostada en 92.397 euros e cun prazo de execución de tres meses. Ademáis da renovación da rede e acometidas, instalarase unha nova rede de pluviais e, ó mesmo que nas rúas anteriores, se sustituirá a plaqueta e se renovará a sinalización viaria.



Últimas novasu Tódalas novas

O tempo

nublado
vindeiros días

Farmacias

 Horarios

<<< Febreiro 2012 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
15
17
18
19
21
22
24
25
26
27
28
29
 
Eventos do Concello
agenda

destacados

Oficina virtual Teléfonos municipáis Persoal - Oposicións Ordenanzas municipáis Perfil do Contratante Padrón Municipal Subvencións Orzamentos municipáis 2012 Solicitude da tarxeta sanitaria europea Solicitude da tarxeta sanitaria europea Narón: terra de futuro naronroda
   
 
Concello de Narón - Aviso legal