Concello de Narón
Español
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón
Turismo
Servizo de Normalización Lingüística
Do berce a rúa
Fotos de Narón
Educación viaria
Novas
 
A CORPORACION MUNICIPAL PROMOCIONA O CAMIÑO DE SANTIAGO PERCORRENDO O TRAMO QUE DISCORRE POR NARÓN
A CORPORACION MUNICIPAL PROMOCIONA O CAMIÑO DE SANTIAGO PERCORRENDO O TRAMO QUE DISCORRE POR NARÓN
O Camiño Inglés cruza os paseos marítimos de A Gándara e Xuvia.
Narón, 26 de Abril de 2010.- Representantes da Corporación Municipal de Narón, encabezados polo Alcalde, Jose Manuel Blanco, percorreron hoxe o tramo do Camiño Inglés que discorre por este municipio, ata chegar á ponte que conecta Narón con Neda (aproximadamente 7 kilómetros). A comitiva reivindicou así o valor do Camiño de Santiago especialmente este ano que é Xacobeo. Entre os participantes tamén estaban membros da asociacións de veciños Chafarís.

O rexedor tomou así o relevo do Alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, quen fixo o percorrido dende a cidade departamental ata chegar ó polígono de A Gándara, límite entre ambos municipios. A comitiva naronesa partíu entón, promocionando así esta iniciativa organizada polo Consorcio do Camiño Inglés, ata o albergue de peregrinos de Neda onde déronse cita coa Corporación Municipal do concello veciño.

O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, declarou que “esta é unha boa mañeira de promocionar o Camiño de Santiago e reivindicar a súa conservación. A ver se entre tódolos concellos polos que discorre este camiño logramos a súa conservación dado que o deterioro ambiental é importante”, suliñou. O rexedor engadíu que é preciso a colaboración institucional entre as administracións para a súa recuperación, e de feito dende o Concello de Narón tense encargadas unhas memorias para levar a cabo un proxecto de unión dos paseos de A Gándara e Xuvia, que forman parte do tramo naronés do Camiño Inglés.

A peregrinación organizada polo Consorcio do Camiño Inglés conta con dúas modalidades: contínua –con pernocta no camiño- e discontínua –os fins de semana-. A primeira delas contempla unha peregrinaxe de 5 días (dende hoxe ata o dia 30) nos que se realizarán os 116 kilómetros que separan Ferrol de Compostela.




Últimas novasu Tódalas novas

O tempo

nublado
vindeiros días

Farmacias

 Horarios

<<< Febreiro 2012 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
15
17
18
19
21
22
24
25
26
27
28
29
 
Eventos do Concello
agenda

destacados

Oficina virtual Teléfonos municipáis Persoal - Oposicións Ordenanzas municipáis Perfil do Contratante Padrón Municipal Subvencións Orzamentos municipáis 2012 Solicitude da tarxeta sanitaria europea Solicitude da tarxeta sanitaria europea Narón: terra de futuro naronroda
   
 
Concello de Narón - Aviso legal