Concello de Narón
Español
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón
Turismo
Servizo de Normalización Lingüística
Do berce a rúa
Fotos de Narón
Educación viaria
Novas
 
O CONCELLO INAUGURA O NOVO LOCAL SOCIAL DE A SOLAINA
O CONCELLO INAUGURA O NOVO LOCAL SOCIAL DE A SOLAINA
Albergará as actividades das asociacións de veciños e de xubilados, e do Clube Tenis de Mesa de Narón.
Narón, 9 de Xullo de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, inaugurará hoxe o Local Social de A Solaina –situado na rúa Mercedes Freire Lago- coa presenza de membros da Corporación Municipal de Narón e de veciños e veciñas deste barrio, que serán os que empreguen a partires de hoxe as novas instalacións.

Este espazo público dispón de 1.500 metros cadrados repartidos nunha única pranta, e que darán servizo á Asociación de Veciños Trasancos, á Asociación de Xubilados de Santa Icía, e tamén ó Clube de Tenis de Mesa de Narón.

O local conta cunha sala de 425 m2 que se empregará por parte deste clube –tense instaladas 6 mesas de 5x10 metros para practicar o Tenis de Mesa-; unha aula polivalente de 211 m2 convertible en 3 aulas, que empregarán a Asociación de Xubilados e a Asociación de Veciños Terra de Trasancos; outra aula de 91 m2 para realizar clases de pintura para adultos e nenos/as e actividades da asociación de veciños; unha aula de informática de 52 m2, e outras tres aulas que serán empregadas polo Clube Tenis de Mesa (para clases e actividades da entidade deportiva) e que suman 122 m2.

Ademáis, o Local Social de A Solaina dispón dunha zona de cafetería de 70 m2, e diversos aseos e almacéns.

O Concello mercou este local con fondos municipais, e posteriormente levou a cabo a obra de acondicionamento e reforma interior (presupostada en 707.628€) con cargo ó Plan E. O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, apuntou ó respecto que este investimento “permítenos aos veciños e veciñas gozar dunha nova infraestrutura e continuar á vangarda dos servizos sociais e culturais na comarca. Unha vez máis, dende o goberno municipal promevemos o traballo en equipo, a solidaridade veciñal, a coordinación e o esforzo colectivo” declarou.

Respecto ó novo edificio, o Alcalde de Narón engadiu que éste “é un concello con gran cantidade de poboación en idade moza, o máis xoven da comarca, pero a nosa idea é que en centros como este convivan harmónicamente veciños e veciñas de todas as idades, cos seus propios intereses e afeccións. É neste lugar de convivencia onde se fomenta a colaboración entre todos e se constrúe un Narón máis vivo e participativo”, concluíu Jose Manuel Blanco.


O Local Social de A Solaina inaugurarase hoxe ás 20:00 horas.



Últimas novasu Tódalas novas

O tempo

nublado
vindeiros días

Farmacias

 Horarios

<<< Febreiro 2012 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
15
17
18
19
21
22
24
25
26
27
28
29
 
Eventos do Concello
agenda

destacados

Oficina virtual Teléfonos municipáis Persoal - Oposicións Ordenanzas municipáis Perfil do Contratante Padrón Municipal Subvencións Orzamentos municipáis 2012 Solicitude da tarxeta sanitaria europea Solicitude da tarxeta sanitaria europea Narón: terra de futuro naronroda
   
 
Concello de Narón - Aviso legal