Concello de Narón
Español
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón
Turismo
Servizo de Normalización Lingüística
Do berce a rúa
Fotos de Narón
Educación viaria
Novas
 
O CONCELLO PROMOVE A RECUPERACIÓN DOS TOPÓNIMOS DOS CAMIÑOS DE NARÓN
O CONCELLO PROMOVE A RECUPERACIÓN DOS TOPÓNIMOS DOS CAMIÑOS DE NARÓN
A identificación dos lugares realizase en colaboración coas asociacións de veciños do municipio.
Narón, 3 de Agosto de 2010.- O Concello de Narón está a promover un ambicioso proxecto de Reordenación Territorial, de cara á recuperación dos topónimos do municipio e á correcta numeración de vías e camiños, especialmente na zona rural.

Esta iniciativa está incluída no proxecto de Cartografía Dixital do Concello, que dispón dun orzamento conxunto de 81.200 euros e que suporá unha revolución tecnolóxica na prestación de servizos municipais coma a identificación de parcelas ou o catastro.

O proxecto de Reordenación Territorial estase a levar a cabo por parte do Departamento de Estadística do Concello. O edil delegado da área, José Luís Suárez, e o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, mantiveron hoxe unha xuntanza co presidente da Asociación de Veciños de San Mateo, Jose Fernández Hermida, para comenzar a traballar nesta materia.

A intención do Concello é implicar a tódalas asociacións veciñais no nomeamento de vías e camiños, empregando antigos topónimos caídos en desuso. Para elo, faise imprescindible a colaboración cidadá, tal e como recalcou o Alcalde. “Queremos recuperar a medio prazo os topónimos do noso municipio, e para elo estamos a empezar polas parroquias máis pequenas, para logo continuar con outras de maior superficie, e finalizar na zona urbana, onde tamén traballaremos neste campo”, declarou José Manuel Blanco.

O rexedor agarda que o novedoso e complexo proxecto “dé un bo resultado, e que sirva para que os veciños e ó mesmo tempo os servizos postais sepan con exactitude o nome e a numeración de cada unha das vivendas”, declarou.

O contacto coas asociacións de veciños comenzou no día de hoxe, durante a reunión co representante de San Mateo. Pero seguirá en sucesivas datas coas parroquias de O Val, Castro, San Xiao, Sedes, Pedroso, Doso, e finalmente coa zona urbana.

A cada unha destas asociacións se lles está enviando dende o Concello un mapa dixital da súa parroquia, feito a partires de fotografías aéreas que foron dixitalizadas e volcadas no programa de Cartografía Dixital, e forman parte do Trameiro –mapa dixital de Narón-.

Máis sobre o Trameiro

O Trameiro será unha ferramenta de traballo útil para tódolos departamentos do Concello, entre eles o de Estatística. Unha vez que estea operativo, poderase contar no Consistorio cunha cartografía analítica a escala 1:1000/1 metro dos diversos núcleos urbáns, así como a escala 1:2000/2 metros da totalidade do termo municipal de Narón.

Permitirá, entre outras funcións, localizar as fincas e vivendas de todo o municipio e reordenar a numeración das propiedades da zona rural, asinándolles un orde correlativo e identificándoas co catastro. Tamén poderán identificarse as vivendas por distritos, seccións e viais.

Antes de poder utilizalo, o Concello quere consensuar coa cidadanía de Narón –a través das asociacións veciñais- o nomeamento que se lle dará ós diferentes lugares que integran o termo municipal, tal e como se fixo hoxe co presidente da AVV de San Mateo. A proposta será levada a Pleno Ordinario para a súa aprobación por parte da Corporación Municipal de Narón. Posteriormente daráselle conta tamén ó Instituto Nacional de Estadística (INE) para a súa incorporación na base de datos. Finalmente, o Concello adaptará tamén a súa base de datos para incorporar estos cambios.



Últimas novasu Tódalas novas

O tempo

nublado
vindeiros días

Farmacias

 Horarios

<<< Febreiro 2012 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
15
17
18
19
21
22
24
25
26
27
28
29
 
Eventos do Concello
agenda

destacados

Oficina virtual Teléfonos municipáis Persoal - Oposicións Ordenanzas municipáis Perfil do Contratante Padrón Municipal Subvencións Orzamentos municipáis 2012 Solicitude da tarxeta sanitaria europea Solicitude da tarxeta sanitaria europea Narón: terra de futuro naronroda
   
 
Concello de Narón - Aviso legal