Concello de Narón
Español
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón
Turismo
Servizo de Normalización Lingüística
Do berce a rúa
Fotos de Narón
Educación viaria
Novas
 
O CONCELLO XESTIONARÁ O SERVIZO DE COMEDORES ESCOLARES DURANTE ESTE CURSO 2010/2011
O CONCELLO XESTIONARÃ O SERVIZO DE COMEDORES ESCOLARES DURANTE ESTE CURSO 2010/2011
Funcionará nos colexios de A Gándara, A Solaina e Virxe do Mar. Poderá incorporarse o CPI de O Feal cando a Xunta de Galicia recepcione a obra do novo local.
Narón, 9 de Setembro de 2010.- O Concello de Narón xestionará de manera excepcional dende o 10 de setembro de 2010 ata o 22 de xuño de 2011 o servizo de comedores escolares, tal e como anunciou hoxe a Concelleira de Ensino, Mª del Carmen Espada.

O goberno municipal cumpre así o compromiso adquirido coas ANPAS, de garantir que non se deixará de prestar este servizo, imprescindible para conciliar a vida laboral e familiar das familias e ofrecer un servizo educativo máis completo.

O Concello de Narón, sempre procurou ser exemplar na sua colaboración con outras administracións, tal e como recalcou a edil de Ensino. Mª del Carmen Espada apuntou este caso como exemplo, xa que o papel do Concello servirá para facilitar que a Consellería de Educación da Xunta de Galicia se organice cos seus dispositivos e adopte as medidas organizativas e económicas para asumir competencia exclusiva como establece o Estatuto de Autonomía e Decreto 10/2007.

O Concello de Narón, por medio da Concellería de Ensino desenvolverá unha intensa actividade xunto cos departamentos técnicos municipais para reducir os procedementos de contratación, financiación e organización do servizo de comedores escolares.

Finalmente, o servizo poderá prestarse dende o primeiro día do curso académico, 10 de setembro de 2010, nos centros escolares de A Gándara, A Solaina, Virxe do Mar, que son centros nos que viñan prestando o servizo no curso pasado. Ademáis tamén se poderá prestar o servizo no CPI do Feal, unha vez que a Xunta recepcione o novo local destinado a comedor que reformou nese centro.

O Concello contará coa colaboración das ANPAS dos centros para que o servizo se desenvolva coa normalidade de anos anteriores.

O Concello financiará este servizo cunha aportación da Xunta de Galicia, coas aportacións das familias usuarias e con recursos económicos municipais.

O Concello de Narón xa ten solicitado da Consellería de Educación da Xunta que faga un esforzo consecuente coas suas obrigas e competencias, posto que o protocolo asinado neste momento somentes prevé unha aportación de 26.000 € da Xunta, dos máis de 150.000 € nos que se estima estará o custo final previsto, é dicir, menos do 20% do total do custo. As familias e o concello financiarán o resto. O Concello xa ten previsto, como anos anteriores as axudas de comedor para as familias con menores recursos económicos que nesta época de crise son necesarias para eliminar a situación de moitas familias desprotexidas.

O prezo que abonarán as familias por xantar ou por almorzos será como máximo o mesmo prezo do curso pasado. O Concello se esforzará especialmente para que o prezo deste ano sexa acorde coa crise económica. (asumindo que as familias usuarias teñan que comprometerse co copago)

O aboamento que corresponda realizar ás familias se efectuará a mes vencido para facilitar a xestión das economías familiares.



Últimas novasu Tódalas novas

O tempo

nublado
vindeiros días

Farmacias

 Horarios

<<< Febreiro 2012 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
15
17
18
19
21
22
24
25
26
27
28
29
 
Eventos do Concello
agenda

destacados

Oficina virtual Teléfonos municipáis Persoal - Oposicións Ordenanzas municipáis Perfil do Contratante Padrón Municipal Subvencións Orzamentos municipáis 2012 Solicitude da tarxeta sanitaria europea Solicitude da tarxeta sanitaria europea Narón: terra de futuro naronroda
   
 
Concello de Narón - Aviso legal