Concello de Narón
Español
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón
Turismo
Servizo de Normalización Lingüística
Do berce a rúa
Fotos de Narón
Educación viaria
Novas
 
O CONCELLO INSTALA 70 ORDENADORES EN LOCAIS SOCIAIS DA ZONA RURAL PARA CREAR AULAS DE INFORMÁTICA
O CONCELLO INSTALA 70 ORDENADORES EN LOCAIS SOCIAIS DA ZONA RURAL PARA CREAR AULAS DE INFORMÃTICA
Habilitarase unha aula en cada asociación, dotada de 10 ordenadores portátiles e unha impresora.
Narón, 9 de Setembro de 2010.- O Concello de Narón e as entidades sociais da zona rural (das parroquias de Doso, A Pombiña, O Val, San Mateo, Sedes, Castro e San Xiao) asinaron hoxe un convenio de colaboración para a organización de aulas de informática e cesión gratuita de equipos informáticos para o mesmo fin.

En virtude deste acordo, o Concello cederá de xeito gratuito un total de 70 ordenadores portátiles e 7 impresoras para habilitar as aulas, que estarán instaladas nos locais sociais municipais desas parroquias. Crearanse así 7 aulas informáticas, e cada unha delas estará dotada de 10 ordenadores portátiles e unha impresora. As asociacións serán as encargadas de establecer os horarios de apertura das mesmas, cuxo equipamento comenzará a instalarse a partires do vindeiro 20 de setembro.

O goberno local ten previsto seguir instalando aulas de informática nas asociacións de veciños na zona urbana o vindeiro ano. Así o indicou o Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, quen incidíu na importancia de seguir apostando polas novas tecnoloxías e resaltou que o investimento realizado polo Concello para levar a cabo esta actuación ascedeu a 89.000 euros.

Os presidentes das asociacións na zona rural nas que se instalarán os equipos asinaron hoxe o convenio co Concello. A relación de entidades é a seguinte:

-AVV “A Naveira” de Doso (Eugenio Carballeira López)
-AVV San Mateo (José Fernández Hermida)
-AVV “Os Irmandiños” de O Val (Marcelino Montero López)
-AVV Rosa dos Ventos” de Sedes (Nicolás Vellón Amado)
-AVV “Os Cruceiros” de Castro (Eva Bogo Saavedra)
-AVV “Ceibe” de San Xiao (Enrique Cao Lago)
-Asociación “A Pombiña” de Pedroso (Javier Carrasco Solera)

A Concelleira de Participación Cidadá, Natalia Hermida, destacou a importancia deste proxecto que vai a permitir o acceso ás novas tecnoloxías da información por parte dos veciños e veciñas de Narón. “Este é un paso máis no que está a traballar o Concello, para que nun futuro próximo póidase achegar a administración electrónica a tódolos cidadáns”, indicou a Edila.



Últimas novasu Tódalas novas

O tempo

nublado
vindeiros días

Farmacias

 Horarios

<<< Febreiro 2012 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
15
17
18
19
21
22
24
25
26
27
28
29
 
Eventos do Concello
agenda

destacados

Oficina virtual Teléfonos municipáis Persoal - Oposicións Ordenanzas municipáis Perfil do Contratante Padrón Municipal Subvencións Orzamentos municipáis 2012 Solicitude da tarxeta sanitaria europea Solicitude da tarxeta sanitaria europea Narón: terra de futuro naronroda
   
 
Concello de Narón - Aviso legal