Concello de Narón
Español
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón
Turismo
3 Concurso Monólogos Que me dis
Letras Galegas 2012
Servizo de Normalización Lingüística
Servizo de Normalización Lingüística
Do berce a rúa
Fotos de Narón
Educación viaria
Tarxeta Sanitaria Europea
 

¿Que é?

A Tarxeta Sanitaria Europea (TSE) é o documento acreditativo do dereito a recibir as prestacións sanitarias que resulten necesarias, dende un punto de vista médico, durante a súa estancia temporal por motivos de traballo, estudos, turismo? no territorio da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo e en Suíza, de acordo coa lexislación do país de estancia.
A Tarxeta Sanitaria Europea (TSE) non é válida cando o desprazamento teña a finalidade de recibir tratamento médico.
Para ampliar información, poderá consultarse o enderezo de Internet:
http://ec.europa.eu/social

¿A quen vai dirixida?

A Tarxeta Sanitaria Europea (TSE) pode emitirse tanto para o titular do dereito como para os beneficiarios ao seu cargo.

¿Como pode solicitarse e renovarse?

  • Por Internet, a través da sede electrónica da páxina web da Seguridade Social www.seg-social.es (sen necesidade de dispor de certificado electrónico).
  • Por teléfono, mediante chamada gratuíta ao número de atención ao cidadán 900 16 65 65.
  • Presencialmente, en calquera centro de atención e información da Seguridade Social (CAISS).

A Tarxeta Sanitaria Europea (TSE) sempre se enviará ao domicilio do solicitante nun prazo máximo de 10 días e, en ningún caso, se entregará en man.
Se o seu desprazamento é inmediato, pode solicitar presencialmente en calquera dos nosos centros de atención e información da Seguridade Social un certificado provisional substitutorio (CPS) da tarxeta sanitaria europea.
Este documento poderá obtelo tamén a través da sede electrónica da páxina web da Seguridade Social para o que se require que o solicitante sexa o titular do dereito á asistencia sanitaria e dispoña dun certificado electrónico.

¿Que validez ten?

A Tarxeta Sanitaria Europea (TSE) é persoal e intransferible e é válida por un período máximo de dous anos, ata a data de caducidade indicada nela.
A utilización da Tarxeta Sanitaria Europea (TSE) durante o seu período de validez está condicionada, ademais, a que o seu titular continúe reunindo os requisitos que deron lugar á súa obtención. Noutro caso, os gastos que se orixinen poderían ser reclamados en concepto de prestacións indebidas, de acordo co previsto no artigo 76 do Regulamento (CE) 883/2004.

¿En que estados ten validez a Tarxeta Sanitaria Europea?

Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia, e Suíza.

O tempo

nublado
vindeiros días

Farmacias

 Horarios

<<< Maio 2012 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
14
15
17
18
19
20
23
25
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
agenda

destacados

Oficina virtual Teléfonos municipáis Persoal - Oposicións Ordenanzas municipáis Perfil do Contratante Padrón Municipal Padrón Municipal Subvencións Orzamentos municipáis 2012 PEMES Solicitude da tarxeta sanitaria europea Narón: terra de futuro naronroda Movilidade eléctrica Fondo Galego de Cooperación
   
 
Concello de Narón - Aviso legal